O guerreiro perdido

Last updated on 12 / Decembro/ 2017

Á dereita, o posible guerreiro galaico no arco de Carpentras, segundo Joaquín Ruiz de Arbulo.

Publicado orixinalmente en culturagalega.gal o 11 de decembro de 2017

Nunha pequena cidade provenzal aínda é visible un monumento no que aparece a que pode ser a primeira representación coñecida dun prisioneiro galaico das guerras contra Roma. Todo un resume gráfico da vitoria romana na súa guerra de conquista do Noroeste. Atópase nun arco de triunfo dedicado ao emperador, canda outras tres figuras, e abraia cando se mira sabendo esta interpretación. A súa atribución como guerreiro galaico xorde a partir das investigacións para solucionar un gran crebacabezas arqueolóxico na antiga Tarraco, capital da metade norte da Hispania romana. E o catedrático da Universitat Rovira i Virgili Joaquín Ruiz de Arbulo cre que non é a única.

No arco romano de Carpentras, de principios do século I d.C. hai catro figuras de cautivos. Na maior parte da bibliografía internacional sobre o monumento, hai consenso ao redor do que representan dous deles, porque levan atributos habitualmente empregados en Roma para identificar a etnias e pobos que se enfrontaron a Roma. Os outros dous figuraban sen interpretación, baixo o impreciso título de “bárbaros”. Pero o catedrático de Arqueoloxía de Grecia e Roma da Universitat Rovira i Virgili, Joaquín Ruiz de Arbulo, cre que a figura do Oeste ten unha lectura moi clara. O guerreiro está encadeado coas mans nas costas, ten unha forte musculatura, viste unhas rudas capa e túnica de la para protexerse do frío, ten poboada barba e unha melena levada polo vento. Aos seus pés hai un símbolo determinante: a característica falcata, a espada de filo curvado típica da Iberia prerromana. “É un cativo galaico”, afirma na súa proposta o arqueólogo.

Para chegar a esta conclusión debemos acompañalo no intento de solución do enorme crebacabezas científico no que traballa co seu equipo de investigación desde hai décadas e que explicou no marco dunha conferencia impartida na Facultade de Historia compostelá para o Master Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Falamos con detalle para coñecer os pormenores da interpretación que nos leva a esta imaxe insólita.

O labirinto da arqueoloxía urbana
O equipo científico da Universitat Rovira i Virgili está centrado nun aspecto deixado de lado moitas veces na investigación arqueolóxica: a recompilación e interpretación de datos das escavacións urbanas. No caso de Tarragona, a antiga Tarraco romana, as últimas tres décadas de febre construtiva xeraron unha inmensa cantidade de datos, miles de páxinas de informes técnicos e metros e metros de pezas almacenadas con a penas unha catalogación básica nos almacéns dos museos. O equipo arqueolóxico de Ruiz de Arbulo procesa esta literatura gris desde desde o punto de vista da arquitectura de urbanismo. “Agora estamos en condicións de propoñer unha restitución de toda a trama urbana e mesmo crear reconstrucións en 3D”, sinala Ruiz de Arbulo.

“Como os romanos non tiñan televisión, precisaban recursos para que todo o mundo formara parte da cultura imperialista. O urbanismo é o elemento diferenciador con respecto a etapa anterior, a clave que explica o éxito de funcionamento do Imperio romano. Todas as actividades de xestión levábanse desde as cidades”, explica con sinxeleza Ruiz de Arbulo. “Polo tanto, toda cidade romana tiña que ter espazos de xustiza, de política e de relixión. Todos estes espazos eran tratados de maneira homoxénea, e tiñan un sistemas decorativos, con estatuas e inscricións. Unha vez que entendemos isto, decatámonos de que todos estes sistemas arquitectónicos e decorativos son moi similares en todas as cidades do Imperio”.

En Tarraco, capital da Hispania Citerior (a metade norte da península), houbo dous foros en época romana. No foro inferior, en época de Augusto (ao redor do cambio de milenio), instalouse o tribunal do gobernador da provincia, e iso fixo que o foro se decorara con elementos de homenaxe ao emperador. “Un destes monumentos é o que se chama un tropheum, unha árbore cargada con armas recollidas despois dunha batalla e ao carón imaxes simbólicas dos pobos vencidos”, indica Ruiz de Arbulo, “isto xa o facía Xulio César na Gala, pero logo houbo unha variante, a representación do mundo dominado por Augusto na súa globalidade”. Foi Octavio Augusto quen mantivo dez anos de cruenta guerra que rematou coa anexión do noroeste peninsular no 16 a.C., no antigo territorio de galaicos, cántabros e astures.


Fragmentos de dous relevos localizados no foro de Tarraco. Imaxe: Universitat Rovira i Virgili

Unha pista na Provenza
E aí é onde comezan as preguntas ao redor de vestixios fragmentados aparecidos no foro de Tarraco, algúns deles máis identificables que outros. En concreto, localizouse unha gran figura de grandes ollos, da que se conservaba a zona superior, a parte inferior das pernas e unha pequena parte dun elemento decorativo da base da figura. Os arqueólogos comezaron a buscar paralelos para esa representación. E foi aí como chegaron á Provenza, ao arco romano de Carpentras, dunha cronoloxía tamén de principios do século I d.C.


Arco romano de Carpentras

“En Carpentras xa non temos unha figura masculina e feminina, coma nos tropheii. Aquí xa son dous personaxes masculinos os que rodean o trofeo. A través da súa simboloxía podemos identificar con certeza a quen representan”, indica Ruiz de Arbulo, “No sur está un exipcio, e da outra volta, no norte, atopamos un guerreiro xermánico representado polo ánade. Da outra banda, temos o leste, identificado como un guerreiro frixio polo tipo de gorro e o dobre machado. E falta o oeste, onde se atopa a nosa figura”. Aquí Ruiz de Arbulo é onde propón fiar fino: “A falcata, a espada curva, era amplamente empregada en Iberia, pero este personaxe non é un íbero”, precisa Ruiz de Arbulo, “porque está vestido con esa zamarra de lá para sinalar que procede dun clima moi frío. Poderiamos pensar que é astur, pero hai que introducir outra variable aquí”.


Ilustración representando os catro prisioneiros do arco de Carpentras. O galaico sería o segundo desde a esquerda. Ilustración: Universitat Rovira i Virgili

E para iso da Provenza Ruiz de Arbulo viaxa a Afrodisias, unha opulenta cidade grega e romana en Turquía que se atopa nun excelente estado de conservación. “Nun dos templos dedicados a Augusto hai unha especie de mapa simbólico do Imperio”, sinala Ruiz de Arbulo. “Esculpiron decenas e decenas de imaxes distintas representando etnias e cidades, e unha das que aparece, nunha mención epigráfica, é a etnia dos kallaikói, dos galaicos. En Afrodisias ninguén tiña a máis mínima idea de onde ficaba Gallaecia, pero a están empregando delimitar o mundo”. A proposta é encaixar todo isto: que na época de Augusto os galaicos eran un pobo identificado como tal. Como o arco de triunfo de Carpentras representaba a dominación do emperador sobre os pobos dos catro puntos cardinais, no Occidente o pobo representado é o dos galaicos.


Anacos identificados da escultura de Tarraco e a súa identificación coa figura de Carpentras.
Imaxe: Universitat Rovira i Virgili

Porque a clave é que en Tarraco tamén aparece un guerreiro frixio, coa súa peculiar pucha (consérvase a cabeza) e o dobre machado. A figura fragmentada que aparece ao carón, xa que logo, podería ser tamén un galaico coma o de Carpentras. E non é a única representación de galaicos que podería existir nesta cidade. No foro provincial, ubicado na zona superior, consérvanse pedestais das estatuas dos flamines, os sacerdotes do culto imperial, membros da aristocracia que accedían a este cargo de prestixio na antiga Roma. “Hai varios que son do convento lucense, do asturicense e do bracarense”, indica Ruiz de Arbulo, que adianta que na identificación destas estatuas aínda hai moito traballo por facer. Igual que coas estatuas dos xenios provinciais. “Sabemos que no foro provincial había unha sala que diferenciaba ao xenio dos lucenses do dos bracaraugustanos, por exemplo”, sinala Ruiz de Arbulo. “Saber que tipo de símbolo diferenciaba a un do outro, como un río, ou un obxecto, sería do máis interesante, pero isto aínda non comezamos a estudalo”.

Un instrumento de propaganda
Como encaixa esta representación do prisioneiro galaico de Carpentras co xeito no que os galaicos se representaban a si mesmos nas estatuas?, preguntamos a Joaquín Ruiz de Arbulo. Hai que ter en conta que a imaxe é moi distinta: as estatuas de guerreiras localizadas en Galicia e o norte de Portugal representan individuos vestidos de maneira máis elaborada, con escudo e puñal. “Non é doado de responder, pero en relación coas estatuas de guerreiros galaicos, precisamos cronoloxías, que non as temos”, precisa. “Pero debemos ter en conta que o que estamos vendo é pura propaganda. Trátase de representar este mundo vencido e, para iso, introducen un compoñente etnográfico que permite identificar o tópico deses pobos”. Nesa propaganda, os romanos representaron a fereza e salvaxismo dun home da fin do mundo. Un cativo que podería ser o primeiro galaico representado baixo un prisma romano.

—————————————

Aquí fixen unha fotogrametría a partir de fotos localizadas en Internet para que o poidades examinar mellor.

7 Comments

  1. Loís
    12 / Decembro/ 2017

    Antes de nada, felicitarte polo artigo anterior….Esbardallo dende a ignorancia se o les ríteme, se non, le o último parágrafo só porfa.

    eu acepto que o puñal de antenas non e ó orixe do coitelo de matar os porcos pro que a falcata era unha arma da oestrimnia da oestrimnia, non sei se o darei asimilado. Polo visto en Lugo existe algunha pro… hmmm! Coido que pode ser un bastetano ou contestano quizais. como o guerreiro de Moixent https://nonada.es/2011/07/el-guerrer-de-moixent.html ademáis, a vestimenta, é un sago cito da wikipedia que é rapido e non sempre pon paridas “Fue Julio Caro Baroja quien relacionó los capotes de los pastores mesetarios con los famosos “sagum” celtibéricos. Podemos hallar varías similitudes y diferencias. Baroja hablaba de una prenda de funcionalidad similar y en la misma zona, de ahí que estableciese una relación. El sagum celtibérico era una prenda fundamental para soportar los entonces violentísimos inviernos mesetarios, rápidamente copiada por los legionarios, no acostumbrados a ellos. Incluso Publio Cornelio Escipión Emiliano impuso a los numantinos la contribución de miles de sagum​ durante las guerras celtíberas” se o arco é do principio do S.I pode ser, un carpetano das mesetas esas tan frías do centro da península,

    Teoría: a falcata, xa se estendera ás beiras do mundo céltico peninsular polo efecto “imigrantes forzados” (ise similar ó de hoxe dos Sirios ou o que fixo medrar a poboación e as murallas ó redor das aldeas da idade do ferro da verdadeira oestrimnia, [pondo o centroe mirando dende Roma claro, a que logo se lle chamaria Galia_Laika ]logo da invasión romana das gálias ) dos bastetanos da xa per ento bética, pro é carpetano, ademáis,os galaicos non foron imperializados ata finais dese século.
    ÚLTIMO PARÁGRAFO
    Pero bueno isto é esbardallar dende un punto de vista moi persoal, que se me dá moi bien, o que queríache comentar, é se sabes se é posible descargar ou obter a marabillosa fotogrametría de Castromaior que tes colgada na túa páxina de sketchfab e que acabo de descubrir O_o? gustaríame analizalo terreo con blender, cambiarlle as texturas, eliminar as árbores para poder contemplalo con outras peles, reconstruír as partes escavadas, hipotetizar sobre o urbanismo…. algo así… vexo que tes conta pro…. podo pagar unhas cañas, ou un viño cando pases pola Ulloa.^ mesmo podería elevar o prezo a unha cea… moito máis non eh.) saúde Manuel e parabens de novo.

  2. 12 / Decembro/ 2017

    Boas! Grazas por escribir! Das falcatas en Galicia aínda hai moito que falar nos vindeiros meses. ;-) Cando queiras pásote o modelo. Mándame un correo a magago@gmail.com e envíocha ou cólgocha nalgures.

  3. 16 / Decembro/ 2017

    Espctacular historia da Historia. Grazas!

  4. 16 / Decembro/ 2017

    A ti por lelo!

  5. Lois
    30 / Decembro/ 2017

    onte atopei a un asturiano que opina coma min máis il semella ir máis lonxe “the Falcata is the iberian version of the Kopis that was introduced by greek traders” cando un poñente suxire que o kopis ven de Exipto, outro poñente aclara que “Nah, it was just parallel development coming up with similar solutions around the Mediterranean. The Kukri is the one that may well have originated with Hellenic traders” e ven se lle sacas o “nah” ten moito sentido esta afirmación tamén, aínda que o kukri sexa unha arma relativamente recente, o contacto seguro que xa se librou co macedonio aquele famoso grande heroi nos relatos occidentais. ademais resulta interesante introducir no meu desbarre esta arma, pois polo visto hoxe un cativo nepalí xa posúe un con poucos anos, que emprega para todo… dende cortar madeira, ata cociñar, sacándolle importancia á compoñente bélica que tamén a ten claro, pois é arma dos militares tamén. ” It is important to remember that the kukri is a tool of all work, at home in the hills and on active service it will be used for cutting wood, hunting and skinning, opening tins, clearing undergrowth and any other chore” pero lonxe dos relatos da historia oficiosa, e súa maneira de contalo, teríamos que seguramente o kukri serían empregados nun 99% como ferramenta non bélica e un 1% como arma. eu coido que co resto das armas antigas igual. unha cuestión interesante arredor do belicoso mundo occidental, sería comparar España, onde aínda se camuflan as escopetas como armas de caza, e USA, onde non hai problema en admitir que ó posuidor lle da seguridade ter unha arma preto. ata unha navalla de 4cms para facer un bocadillo nunha obra, a febre da seguridade a converteu nunha arma. ¿onde esta o limite entre arma e ferramenta de traballo? eu penso, que na concepción do mundo occidental, (broma non broma) creo que vou a seguir in_daga_ndo a ver se atopo probas ou un relato convincente, de que os puñais de antenas eran os precursores do coitelo de matar os porcos.^tipo por que aparecen tan poucos, pois por que só precisaban un por aldea, outro para as pitas… dende logo o puñal de antenas iberico tiña pinta de estar feito para matar conexos, máis que para ir a unha guerra
    http://www.regmurcia.com/servlet/integra.servlets.Imagenes?METHOD=VERIMAGEN_73093&nombre=MF167–PUNAL-MT82_res_300.jpg
    http://4.bp.blogspot.com/-8sObjd_smQY/UBq64nHa2DI/AAAAAAAAAVk/oUUmYeLhBhQ/s1600/Imagen4.png saúde e rep..ensamento.

  6. 30 / Decembro/ 2017

    Interesante o que dis, pero que estea situado nun triunfo de carácter bélico quere dicir que basicamente o que aparece aí é unha arma, igual que o machado de doble cara do paisano do outro lado. :-)

  7. Lois
    31 / Decembro/ 2017

    Sendo o máis prudente agardar esas novas descubertas e sobre todo as datacións das falcatas no noroeste peninsular, tratarei de escenificar o paso de nin sequera paganos(entendido pagano como en orixe de significado pre relixioso, de onde procede o pagés catalán, a verba pago e a parroquia galega) a guerreiros, por poñer un exemplo, que o ilustre,
    Imaxinando que non estivese a día de hoxe desenrolada a balística, e sí, a mecánica (xa sei, iso é dificil pero non é importante para o que tento explicar) se a día de hoxe, non tivésemos exércitos(xa sei, iso custa aínda máis, dende logo), e aparecese un exercito violento, dunha cultura con pretensión imperial “descoñecida” que tratase de imporse por medio da violencia, seguramente a escultura, tería como arma de guerra… por exemplo, unha motoserra ¿e unha arma unha motoserra? non pero dende o punto de vista dos militarizados como foi co que a maior parte da xente se defendería, por considerala o que tiñan máis a man, pois remataría de converterse nela. Seguramente se o conflito se prolongase no tempo, dende o primeiro contacto, aparecería a motoserra perfeccionada como arma de guerra…(aparecerían os guerreiros profesionais) eu que sei, coa tecnoloxía actual, pois apertando un botón, que se estire a espada… ou que a cadea soltase un latighazo, os medios de produción materiais pasarían a adicarse a fabricación en serie das ferramentas convertidas en armas, mesmo o esforzo intelectual estaría adicado por completo á mellorar as mesmas….co tempo, si poderíamos falar de guerreiros, pero non, ó principio. o que se saca en conclusión de moitas crónicas romanas de conquistas, por exemplo nas galias, vercinxétorix non era un rei, senon un máis que uniu o pobo, na lusitania, Viriato ten un conto parecido, nas terras da actual alemania, de Boudica falase que era unha raiña, máis unha lectura desmilitarizada revela que era unha nai tentando vingar as súas fillas, e a morte do seu esposo, e mais arriba os pictos da escocia, o recuncho non conquistado, non se lle conoce un lider, coido que falar de guerreiros pode dar moito relatos, pero acontece como co tema dos deuses. As culturas que pretenden o monoimperialismo, a homoxeneidade do planeta, o seguimento dunha mesma lei en tódolos lados, que lles permita continuar coa súa ficción, mimetizan ó inimigo, espellanse nel, e o inimigo, para loitar contra o monstro, non ten máis remedio que converterse nun monstro, se quere ter a mínima parte de direito a defensa. Iso pasa ata hoxe, no 15m os politicos e medios controlados, directamente, toleaban cando cada día, saía un paisano diferente dunha asamblea decir que non se aliaban con ninguén. non tiñan rival. o rival era o pobo.

    Veño a dicir, que se a historia fose contada por un observador imparcial, seguramente, o relato narraría que moreas de pobos non militarizados, de iguais, se defenderon dun exercito, máis Roma non camparía moi ben se o que realmente explicase nas súas esculturas propagandísticas que o que realmente derrotara fora a uns pastores mesetarios, a uns pobos de mariscadores, a unhas aldeas de texedores, ferreiros(entendese, que inda non serían ferreiros, propiamente dito pero eran grandes traballadores dos metais, segundo algún relato, dende a época dos dolmens) e mineiros, cazadores ocasionais…. que levaban douscentos anos fortificando puntos clave nos seus asentamentos pola ameaza (oriental)
    Ben, relendo, coido que asimilei a cronoloxía mal no primeiro comentario (dátasme coa cronoloxía cristiana gho_b!^) claro, a escultura corresponde a vai 1900 anos case 2000 non a 2100 case 2000 (en calquera caso errei moito no meu supoñer) aínda así, coido que se podería tratar do pastor mesetario carpetano, representando ós habitantes da noroestrimnia toda, como símbolo do fin da colonización, unha vez culminada, que lles demorou 150 anos, todo hai que dicilo, e a falcata, neses 150 anos puido ter migrado e mesmo evolucionado moito cos “refuxiados de guerra”, e se tivese convertido nunha arma de emprego dos galaicos, pero non deixa de ter o orixe que ten, o mediterráneo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará