Sobre min

Bio breve: Manuel Gago é xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de Capítulo 0.

Bio media (recomendada para presentacións): Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. É editor de Capítulo Cero (www.manuelgago.org/blog), un dos blogs referentes da rede galega, no ámbito da divulgación histórica, científica, en estilos de vida, gastronomía e cultura, e por el ten recibido premios e mencións de diferentes colectivos profesionais galegos. Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu último espazo foron as Efeméridas, no Galicia por Diante. Mantén as columnas Vermello contra o mar en La Voz de Galicia, e Seisentidos, na Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra.

No ámbito da difusión e investigación no ámbito arqueolóxico, Gago ten participado en proxectos como a escavación do poboado da Lanzada (2010) e ten promovido e coordinado iniciativas de arqueoloxía e comunicación pública nos sitios arqueolóxicos de Pena Furada (Coirós), Torre dos Mouros (Lira, Carnota, 2012), Castro de Mallou (Carnota, 2013), Croas de Niñóns (Ponteceso, 2013) ou As Croas de Cerqueda (Malpica, 2014, en curso). É fundador de patrimoniogalego.net, a rede social do patrimonio cultural de Galicia e membrod o colectivo romanarmy.eu, de investigación da presenza do exército romano no NW peninsular. Como comisario de exposicións, Gago foi responsable en 2010 da exposición Ao pé do Lar, promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago e con sede no Museo do Pobo Galego. En 2016-17 comisariou Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, producida polo Consello da Cultura Galega en colaboración con Afundación e exposta en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. En 2018 comisariou a exposición Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia, producida polo Consello da Cultura Galega e inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval. En 2019 comisariou a exposición Galicia, un relato no mundo no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo’21.

Como ensaísta e escritor, Gago ten publicado libros con éxito de público. Nos últimos anos, é coautor do libro Rías Baixas, Gourmet Territory (2011). En 2012 publicou, canda o arqueólogo Xurxo Ayán, o ensaio Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 Editora). No 2013 editou o libro de narrativa “Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga de Gallaecia” (Ed. Xerais). E en 2015 Platos Rotos. Textos Gastronómicos (2003-2015), unha antoloxía da produción xornalística de Gago ao redor da relación entre viño, comida e sociedade. En 2016 foi un dos autores do libro colectivo Historia das Historias de Galicia (Xerais, 2016) e publicou a súa primeira novela: O Anxo Negro (Xerais, 2016), traducido ao castelán en 2018 como Ángel negro (Lince editora). En 2018 publicou tamén a súa segunda novela, O exército de fume (Xerais). En 2020, o libro de autoficción O sangue das pantasmas (Libraría Couceiro e Festival Atlántica).

A nivel audiovisual, dirixiu o documental As pedras de San Lourenzo, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueolóxico de Castilla y León 2017.

Manuel Gago. Foto: Distrito Xermar (2019). (baixar en alta resolución)

Bio longa: Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. Gago é autor de varios libros sobre xornalismo electrónico e arquitectura da información en Internet. Os últimos son Sistemas Digitales de Información (Pearson Prentice Hall, 2006) e Diseño Periodístico en Internet (UPV, 2007). A súa tese de doutoramento, merecente dun sobresaínte cum laude en 2011, titúlase Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia. É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC, onde experimenta con prototipos de novos medios. O seu blog persoal sobre enogastronomía, viaxes, cultura e novas tecnoloxías é Capítulo 0 (www.manuelgago.org/blog/). En marzo de 2009, un xurado convocado polo semanario Santiago 7 escolleu a Capítulo 0 e a Manuel Gago como mellor blog e blogger de Santiago de Compostela e comarca.En 2012, foi escollido mellor blog informativo/cultural nos I Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais. Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu último espazo foron as Efeméridas, no Galicia por Diante. Mantén as columnas Vermello contra o mar en La Voz de Galicia, e Seisentidos, na Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra.

No ámbito gastronómico, Gago é o creador e promotor do Código Cociña, un código de boas prácticas para o blogging gastronómico. Colaborou semanalmente no programa gastronómico da Radio Galega Come e Fala, co que gañou o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico 2010. Os seus textos gastronómicos poden lerse na sección Paparotas & Co de Capítulo 0, o seu blog persoal, fundado en 2004, e o máis antigo en activo escrito en lingua galega. No ano 2009, os membros da Asociación Profesional de Cociñeiros de Galicia nomeárono Socio Honorífico da entidade. Coordinando a un equipo de alumnos da Facultade de CC. da Comunicación, elaborou o documental web gastronómico Coas nosas mans, co que gañou o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro ao mellor web gastronómico 2009. Neste ano tamén coordinou unha experiencia pioneira no ámbito da comunicación gastronómica: El Rioja de Blog en Blog, unha aventura enogastronómica en tempo real patrocinada polo Goberno da Rioxa. Actualmente tamén mantén The Wine Codex, unha guia persoal sobre os viños da Península Ibérica en inglés. É coautor do libro Rías Baixas, Gourmet Territory (2011), unha publicación destinada a presentar internacionalmente a gastronomía contemporánea do litoral sur de Galicia a un público de foodies e gourmets. No 2012 a Asociación de Sumilleres Gallaecia nomeouno Xornalista Distinguido. Tamén escribiu en Tinta de Calamar, o blog gastronómico da Cadena Ser, e na revista Benbo.

Como comisario de exposicións, Gago foi responsable en 2010 da exposición Ao pé do Lar, promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago e con sede no Museo do Pobo Galego. En 2016-17 comisariou Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, producida polo Consello da Cultura Galega en colaboración con Afundación e exposta en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. En 2018 comisariou a exposición Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia, producida polo Consello da Cultura Galega e inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval. En 2019 comisariou a exposición Galicia, un relato no mundo no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo’21.

Gago desempeña actividades de difusión e investigación no ámbito arqueolóxico. Foi membro do equipo de investigación nas escavacións do poboado da Lanzada (Deputación de Pontevedra e LaPA-CSIC, 2010), e promotor, canda Antón Malde, da escavación no sitio arqueolóxico de Pena Furada (Concello de Coirós e Iniciativa de Voluntariado, 2011). No 2011 fundou patrimoniogalego.net, a rede social do patrimonio cultural de Galicia. En 2012 publicou, canda o arqueólogo Xurxo Ayán, o ensaio Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 Editora). En 2012 promoveu o proxecto arqueolóxico da Torre dos Mouros (Lira, Carnota). En 2013 promoveu tamén os proxectos arqueolóxicos do Castro de Mallou (Carnota) e As Croas de Niñóns (Ponteceso), dos que foi tamén responsable de comunicación.

No 2013 editou o libro de narrativa “Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga de Gallaecia” (Ed. Xerais), merecente do Premio ao Mellor Libro Educativo 2013, pola Asociación Galega de Editores. E en 2015, en formato electrónico, Platos Rotos. Textos Gastronómicos (2003-2015), unha antoloxía da produción xornalística de Gago ao redor da relación entre viño, comida e sociedade. En 2016 foi un dos autores do libro colectivo Historia das Historias de Galicia (Xerais, 2016) e publicou a súa primeira novela: O Anxo Negro (Xerais, 2016). A súa segunda novela, O exército de fume, publicouse en 2018. En 2020, o libro de autoficción O sangue das pantasmas (Libraría Couceiro e Festival Atlántica).

Como realizador audiovisual, dirixiu o documental As pedras de San Lourenzo, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueolóxico de Castilla y León 2017.

Videoteca de conferencias


Título: Levo milenios de memoria nos meus beizos
Onde: Cotenol. Lgx15. Santiago de Compostela


Título: Unha nova vía para a memoria cultural
Onde: TEDxGalicia 2011. Santiago de Compostela


Título: Crear novas narrativas para destinos culturais
Onde: Conferencia Internacional Territorios Creativos (Ourense, verán de 2013).


Título: Estética de datos
Onde: Barcamp’09 Loxa (Ecuador). Universidad Técnica Particular de Loxa.

Reportaxes


Programa Conexións (TVG)

8 Comments

  1. Eva Troitiño
    16 / Novembro/ 2009

    Buenos días,

    Quisiera solicitar presupuesto para la inserción de un banner durante 1 mes detallado
    según situación y tamaño.

    Agradecería saber si contemplan alguna comisión por agencia.

    Quedo a la espera de sus noticias.

    Un cordial saludo,

    Eva Troitiño
    Versal Comunicación
    Tfno. 981 555 920 / 554 295
    evatroitino@cncn.es

  2. 16 / Decembro/ 2009

    Eulogio, pois non me soan ningún deles.

  3. Josenilda Duarte
    5 / Xaneiro/ 2010

    Onde posso encontrar o livro Historias de Nova Iorque, de Enric Gonzales?
    Agradeco desde já pela possível ajuda
    Josenilda Duarte

  4. […] de Vento e chuvia, esa recreación dunha mitoloxía galega de orixe castrexa que xurdiu da pluma de Manuel Gago. Alentados pola curiosidade, contactaron co autor para saberen máis sobre a cultura castrexa e as […]

  5. 20 / Decembro/ 2016

    —————————-
    No diccionario aparece:
    Fío10.Dirección da fibra dos tecidos ou da madeira.Corta seguindo o fío.
    Fío e un termo que se emprega en madeira, para sinalar os senso da veta da madeira, a dirección da fibra vexetal das arbres e os arbustos Asegún se mire e ” ataque ” o traballo dda madeira, existe a medeira ” ao fio”, que sigue o senso lonxitudinal da veta ( a malla ou clara en castelán antiguo , que hoxe ainda empregan en Castela e outros lugares) a ” contra fío” ou ” de través” termo que non aparece no Dicionario ,é decir, perpendicular ao anterior senso de crecemento da fibra; e ” de testa ao fio” ou simplemente de testa, ou ” á cabeceira” ( escoitado a vellor artesáns no sur galego, máis ben) atacando perpendicularmente os aníis de crecemento do arbre.
    —————————
    No dicionario aparece
    Pasmado.3[Madeira] que ten brando o seu interior a causa da humidade.
    Pasmada e a madeira ” atronada” do medievo, proceso de descomposición donde no so intervén a humidades, senon a proliferacion de microorganismo como fungos e bacterias . Elo provoca modificación no aspecto, na estabilidade e na estuctura da madeira, facendo que as células se degraden, destruindose as válvulas traqueidas e perdendo consistencia o conxunto.
    Teño escoitado a vellos artesáns o emprego de ” madeira valorizada”
    ——————————
    No diccionario aparece
    gubiasubstantivo femininoFormón de media cana e delgado, empregado para labrar na madeira superficies curvas.
    Pero unha cousa é unha gubia e outra un formón. Non son o mesmo, nin a gubia e unha especie de formón.
    —————————-
    No diccionario aparece
    legrasubstantivo feminino1CirurxíaInstrumento cortante que se utiliza en cirurxía para desprender o periósteo e raspar as superficies óseas ou mucosas.A legra emprégase para realizar legrados.2Instrumento de ferro para escavar a madeira das zocas e zocos.O zoqueiro tiña moi coidadas as legras e a tarabela.

    Pero a legra (llegra no entronque xeográfico con Asturias, e llerga en varias zonas de Galicia) non so se emprega para facer zocas, senon para tornear e para traballos especiáis en carpintería de ribeira.Nos tempos en que non existñia a electricidade, a legra era empregada polos torneiros que trabllan con torno de vara ou pedal empregando madeira verde.
    E imos co termo verde

    En madeira refírese á madeira cortada con savia e auga interna, non seca.A seca é madeira “enxoita”, termo que sí aparece no dicionario.
    No diccioanrio aparece
    2 [Vexetal] que aínda ten zume.Esta leña está verde, non vale para queimar. ANTÓNIMO seco
    Pero no se limita a madeira para queimar, senon todo tipod e madiera par amanipular con calque ouxetivo funcional ou estético

    ………………….
    Outras.
    “Asperón ” era moi empregado por vellos artesáns , referíndose a unha pedra , xeneralmente arenisca, de boa calidade para o afiado das ferramentas. E un termo que se emprega en certas partes de España. Ver:
    https://es.wikipedia.org/wiki/Asper%C3%B3n

    rebaba: é , aparte doutras esquirlas formadas por golpes ou friccións nos metáis, unha porción de metal que se xenera no filo dunha ferramenta, presionado cun metal máis duro. Xeralmente empregase o ” rebabado” ou ” subida do fío” en raspadores de madeira, para alisar superficies, bena man ou frente a un torno. Emprégase en castelán , asimesmo.

    verruga, como unha forma especial da madeira, sí aparece no diccionario.Tamén se denomina lupia ou lubia en diversas partes de Galicia. Mesmo tamén se falaba d e ” madeira revolta” ou “con cancro”

    Tamén se emprega e emprega o termo ebonizado, referíndose aos tratamento da madeira para simular a cor negra do ébano.

    Texturizado e outro termo que denomina a formación de texturas na superficie da madeira.
    —————
    Saudos

    Xavier Martín, torneiro artesán de madeira.
    http://www.taller-taxus.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará