Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Posts da Sección 'Tendencias en deseño'

Impresionante continuación da campaña de Louis Vuitton sobre viaxes

14 Maio 2008 · Sen comentarios


Steffi Graft e Manhattan, no web de Louis Vuitton

Co título de Countless Journeys, Countless Emotions, a compañía de luxo Louis Vuitton elaborou unha impresionante experiencia multimedia no seu web, prolongando a campaña que iniciara co preciosista anuncio publicitario Unha viaxe xa vista en Capítulo 0. Countless Journeys propón a visita a catro cidades, que son descritas con voz en off por catro persoeiros famosos, sobre todo en termos emocionais e británicos. O matrimonio Steffie Graft - Andrea Agassi fala sobre como perciben Nova York; Catherine Deneuve explica o seu París; Mijaíl Gorbachov conta Moscú, e proximamente Keith Richards falará doutra cidade (¿Londres?). As visitas artéllanse a través de slideshows con audio, no que se mestura o off dos protagonistas con numerosos efectos sonoros obtidos nas rúas que lle outorgan unha gran dimensión ambiental e unha hipnótica banda sonora. As fotografías, case casuais, con encadres pouco habituais, constrúen a experiencia. E, cada unha das cidades, está dividida en capítulos aos que se accede por un mosaico fotográfico que permite previsualizar o contido do slide, e que me recordou moito ao Whale Hunt de Jonathan Harris.

O resultado é unha experiencia marabillosa; por criticarlle algo, diría que non acabo de entender o casual das fotos. Boto en falta unhas mellores fotografías, xa que as que se presentan para min son frías en exceso, e se cadra algo máis traballado o guión do off dos persoeiros, que ás veces pode ser moi distante do propio ambiente íntimo que tenta transmitir a experiencia. Non sei, gustaríame que o viras e que despois me deras a túa opinión nos comentarios. Segundo os publicistas de Vuitton, esta é unha campaña de imaxe a longo prazo, que aspira a manter os valores máis constantes dunha marca con independencia de accións publicitarias concretas. Consígueo.

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Explosión de vermello no número 12 de Bak Magazine

13 Maio 2008 · Sen comentarios

Gústame cando as revistas de deseño e artes visuais realizan monográficos sobre un concepto: se o magazine está ben concebido, adoitan ser profundas exploracións no significado cultural desa idea, que nos permiten viaxar de forma visual no universo dos significados. Este número da revista turca Bak Magazine é excelente: está adicado á cor máis importante para os seres humanos, o vermello, a cor voluptuosa, violenta, turbulenta, agresiva e radical. Se podes, descarga o número (ten un executábel dentro do zip) e mira as máis de 200 páxinas; Bak é unha auténtica obra de arte mediática.

Vía El 50.

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

O Guernica en tres dimensións

11 Maio 2008 · Sen comentarios

Un magnífico exercicio de 3D en homenaxe a Pablo Picasso. Vía Esquizopedia.

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Dentro da cabeza de Bob Dylan

9 Maio 2008 · Sen comentarios

En Vanity Fair preguntáronse que había dentro da cabeza de Bob Dylan (non é unha mala pregunta). E, para respondela, escoitaron atentamente o programa de radio que o cantante ten, o Theme Time Radio Hour. Co resultado, con todo o que ferve pola cabeza de Dylan, elaboraron este espléndido infográfico que se pode ver en detalle aquí.

→ Sen comentariosTags: Música · Tendencias en deseño¡Chimpa!

Garapa: grandes multimedias con poucos recursos

6 Maio 2008 · 1 Comentario

Leo Caobelli, Paulo Fehlauer e Rodrigo Marcondes son os tres fotógrafos que fundaron Garapa, un colectivo multimedia de São Paulo que xa está producindo no seu web interesantísimas historias no seu web con poucos recursos, seguindo as premisas de sitios como MediaStorm. Altísima calidade, moitísima creatividade, poucos recursos. Eles mesmos preséntanse así:

Como toda grande idéia, a Garapa nasceu em volta de mesas de bar. Saíamos da redação para pensar em algo novo, sintonizado com as tendências do jornalismo da era da internet. Também estávamos, sinceramente, de saco cheio da mesmice do nosso jornalismo, e queríamos trazer de volta o prazer de contar histórias.

Resumindo, somos um coletivo de produção jornalística audiovisual, multimídia (pensamos em usar “agência”, mas achamos muito burocrático). Nosso objetivo é produzir conteúdo de qualidade para distribuição nos mais diversos canais, em especial a internet. Acreditamos que esse formato pode ajudar a humanizar a notícia, colocando o público em contato mais orgânico com a informação.

Un par de exemplos dos seus traballos con slideshows con audio.

Isabella:

Domingos:

→ 1 ComentarioTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Vídeo musical de Royksopp como narración infográfica

4 Maio 2008 · Sen comentarios

O fascinante deste vídeo do grupo Royksopp que gañou os MTV Europe Music Awards no 2002 e que todo el é un infográfico que detalla os procesos cotiás da nosa vida. Todo un exemplo do poder do deseño e a infografía.

→ Sen comentariosTags: Música · Tendencias en deseño¡Chimpa!

Publicidade contextual do papel fotográfico de HP

2 Maio 2008 · Sen comentarios

Vía Marketing Alternatif

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Serie infográfica sobre as 7 marabillas do mundo antigo

30 Abril 2008 · Sen comentarios

A serie As 7 maravilhas do mundo editada pola revista brasileira Aventuras da História xa levou numerosos premios internacionais de deseño. Pódese ver enteira aquí. Foi feita por Sattu e Luiz Iria.

Vía Infograthinking

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Simulador de liñas con ritmo

29 Abril 2008 · Sen comentarios

Que estraña sensación, pintar liñas rítmicas neste web promocional de Audi!

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Deseñar a Dante

27 Abril 2008 · Sen comentarios

O deseñador Nicole Peterson, autor destes excelentes deseños de edicións da Divina Comedia:

“Quería crear un conxunto de capas que non empregara imaxes de pinturas do Bosco […] Inspireime no uso que fai Dante da matemática e da arquitectura ao describir o Inferno, o Ceo e o Purgatorio e empreguei formas xeométricas e cor para representar eses lugares mentres mantiña o deseño simple para permitir ao lector que empregara a súa imaxinación ao ler estes vívidos poemas”.

Vía CR Blog

→ Sen comentariosTags: Libros · Tendencias en deseño¡Chimpa!

Os 7 Pecados da Capital: un xeito diferente de comprender Compostela

22 Abril 2008 · 1 Comentario

Todos os anos, os alumnos das materias Creación de Produtos na Rede e Obradoiro de Aplicacións na rede, do itinerario de xornalismo electrónico da Facultade de CC. da Comunicación da USC, elaboran proxectos multimedia de ámbito hiperlocal que reunimos nun único produto cun gran tema central: nel exploramos cuestións moi diversas, como o funcionamento da audiencia, a xestión de sistemas de publicación en liña, a definición de produto, etc.

Se o ano pasado foi Exploradores Urbanos, un sitio orientado ao turismo galego e internacional, desta volta centrámonos máis en asuntos internos. Os 7 pecados da capital analiza a cidade de Compostela baixo o prisma dos sete pecados (luxuria, avaricia, envexa, gula, etc.). A proposta non pode ser máis suxestiva, especialmente no ámbito da terceira cidade santa do Catolicismo, e rinde unha pequena homenaxe ao primeiro proxecto multimedia -que eu sabia- realizado por alumnos dunha materia de xornalismo electrónico. Fixérono os alumnos da Escola de Xornalismo de Columbia a finais dos 90 e chamábase Sin Central (a central dos Pecados), coa mesma temática que o noso, pero en Nova York.

Os 7 pecados da capital
xa está dispoñible, e actualízarase con diferentes tipos de contidos (slideshows, mapas con vídeo, reportaxes, infográficos), dúas veces por semana ata xullo. Para que vexades de que trata, aquí van dous dos proxectos xa publicados, sobre a vida noturna dos estudantes universitarios, clasificados como Preguiza (sobre o lixo que queda tralo macrobotellón universitario dos xoves na Alameda) e Luxuria (sobre como ligar nas festas universitarias).

Preguiza: Longa noite de lixo



Feito por Santiago Gallur Santorum, Andrea Barreira Freije, Daniel A. Lires Iglesias.

Luxuria: A dalo todo



Feito por Fátima Jardón Magdalena, Eloy Rivera Seara, Elena Rodríguez Feijóo, Mónica Rodríguez Goya

→ 1 ComentarioTags: Diario · Tendencias en deseño¡Chimpa!

I Want You To Want Me, o último de Jonathan Harris

21 Abril 2008 · 2 Comentarios


Cada globo no proxecto permite visualizar un sentimento

En colaboración con Sep Kamva, Jonathan Harris desenvolveu I Want You To Want Me, unha instalación interactiva para o MOMA de Nova York que se executa sobre unha pantalla tocábel de 52”. Como nos anteriores proxectos de Harris, o interese está en procesar os sentimentos a partir de
miles de frases no web, neste caso enfocadas directamente aos sentimentos de amor e de autorecoñecemento. Para representar os sentimentos visualmente, recorren á potente metáfora visual dos globos inflados.

I Want You To Want Me explores the search for love and self in the world of online dating. It chronicles the world’s long-term relationship with romance, across all ages, genders, and sexualities, using real data collected from Internet dating sites every few hours.

Aquí está o vídeo de presentación do proxecto:

→ 2 ComentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Designing Communication Corporate Intranets

18 Abril 2008 · Sen comentarios

Welcome, participants of the I CGU International Meeting of Communication Officers. As I promised you, here is my conference in PDF. Thanks for your interest!

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Unha conversa con Sir Ian McKellen sobre Ricardo III de Shakespeare

15 Abril 2008 · Sen comentarios


Sir Ian McKellen en stagework.org

Había tempo que non atopaba un produto multimedia tan creativo e interesante na web. Non é, desde logo, o primeiro vídeo que interactúa cos usuarios -en Capítulo 0 xa temos visto uns cantos-, pero non o facían, desde logo, coa profundidade deste e posibilidades conversacionais deste. En A Conversation with Sir Ian McKellen, un especial publicado en Stagework, o produto dixital do National Theatre británico, o gran actor Sir Ian McKellen conversa contigo, explicándote o monólogo de inicio da obra Ricardo III de William Shakespeare, recitando contigo -como fan os actores- en voz alta o monólogo e parándose nos matices e significados, amosándote diferentes interpretacións en cine e teatro da obra, e conversando contigo sobre as relacións entre Shakespeare e os X-Men, por exemplo. Un magnífico xeito de aproximar o teatro a outros públicos cun convidado de excepción. Imprescindíbel. Gañará un Webby seguro.

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!

Dangerous Ground: parcour urbano para demostrar o perigo das minas antipersoais

15 Abril 2008 · Sen comentarios

En moitos países un gran número de persoas viven baixo a ameaza permanente das minas antipersoa. En Dangerous Ground intentan sensibilizar aos cidadáns sobre este problema facendo que Lewis, un membro do grupo de parcour Urban Free Movement percorra 50.000 m2 do South Bank de Londres sen tocar o chan, mentres os autores do proxecto fotografían cada paso. Un fermoso xeito de contar a historia.

→ Sen comentariosTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!