From the category archives:

Sin categoria

un momento kit kat

20 Abril, 2006

Descúlpenme que descanse. :-)

{ 0 comments }

xenéricos

25 Abril, 2005

Carlos e os seus amigos pasan polos aeroportos case unha tonelada de medicamentos tódolos veráns. Unha rede de complicidades diversas nas aeroliñas -que van dende a amistade ata o puro amor- permiten introducir na África negra, dende diferentes partes de Occidente, medicamentos xenéricos que aliviarán moitas dores, instrumental quirúrxico, outros materiais. Unha breve discusión coa xente da aduana permite salvar os problemas burocráticos.

-O principal problema da saúde en África son as compañías farmacéuticas -afirma este profesional- son elas as que están vetando, por políticas de mercado, o descenso dos prezos dos medicamentos, impedindo o uso de medicación xenérica. Agás Sudáfrica, o resto dos gobernos do continente están comprados.

weegee

24 Abril, 2005

foto_we.jpg

Por fin conseguín lembrarme de Weegee, o fotógrafo máis rápido de Manhattan, o home do drama, do sexo, do crime, das personaxes liminais, do lume en Nova York. Velaquí tedes 43 fotos de galería..

intelixente e lóxico

24 Abril, 2005

P2P stats as market research
Radio-station programmers and record-company marketers are using sharing-stats from leaked tracks on P2P networks to tweak their playlists and marketing.
It’s the job of program director Sean Demery to figure out what people want to hear. One new way is by monitoring what file swappers are searching for and sharing most. And he does it with the help of a market-data software company called Big Champagne.
“It basically gives me pretty much what’s happening in the mass culture,” Demery said. “It tells me what’s popular.”…

En BoingBoing

usb sushy

21 Marzo, 2005

Os pendrives USB convertéronse xa nun gadget xeneralizado e, no Xapón a compañía Solid Alliance está a especializarse na franxa gastronómica do mercado. Porque si que a hai. Se un vai perdendo cartos pola beirarrúa, sempre se poden empregar mellor mercando para unha cea de amigos estas delicias de polbo con memoria Flash incorporada. Seguro que no interior vai incorporada a receita (de como gastar os cartiños).

Vía Shiny Shiny.

maroon 5

9 Marzo, 2005

A miña moral popeira escoita -por dúas veces- o disco dos Maroon 5. Uf. O rollo engolado provócame sensación de aburrimento. Imaxínome a un tipo dándolle coa manivela nunha máquina mentres van saíndo temas coma carne picada.

predicións

12 Xaneiro, 2005

Alberto Knapp ofrece un cesto de predicións tecnolóxicas para o 2005, que se poden consultar neste pdf de The Cocktail. Sempre crin que as predicións tecnolóxicas valen máis para saber de que se falou no ano pasado que do que virán no vindeiro. E non está mal se un as toma así. O outro punto importante nas predicións é que moitas veces non se sabe cal é o tanto por cento de desideratum e cal o da análise fría. Quédome coa killer application (punto número 10): agregar contido de xeito personalizado como filosofía de creación de servizos máis próximos ao usuario -ou dende o propio usuario. O tema dos web services xa me soa máis a desexo.

Knapp foi editor de La experiencia de usuario, un libro de contidos un tanto irregulares que introduciu na literatura webbie en español a necesidade da prestar atención ao destinatario do sitio.

poses

12 Xaneiro, 2005

Mirade que caras máis simpáticas, as dos alumnos do Conservatorio Folque de Lalín. Así ata a un mesmo lle entran gañas de estudiar zanfona!

whisky

30 Decembro, 2004

whisky.jpg

Vexo Whisky
Non hai trailers antes no cine

Confirmo: que ricas saben as pelis que se contan con catro pesos de produción, que cousas tan impresionantes se poden narrar. Que caros deberían ser os cerebros que pensan as boas historias. Que grandes cerebros flotan en whisky!

Que sorte que alguén che interprete, ao oído, todo o que conta a peli e que ti non saberías se non foras de alí. O barrio xudeu, o hotel de Piriápolis, a cuarta pranta -a máis barata, a que é a que está destinada aos traballadores do centro e onde se hospedan os tres protagonistas-, o Nino Bravo local, o equipo de perdedores.

Que grandes cerebros flotan en whisky!

marula cafe

29 Decembro, 2004

marula.jpg

Marula Café, boísima. Sesións no rollito Insomnia para que lles gusten as mesturas funky. Seleccionar: Música>Sesiones. Pódense descargar ao disco duro by the face.

Vía Malonso.

nación cogumelo

24 Decembro, 2004

22-12-04_1046.jpg

Un pequeno universo miniurbano na beirarrúa.

xogada

17 Decembro, 2004

O de Ryanair é, sen dúbida, a noticia do ano en Santiago. Na cultura. Na sociedade. Así de drástico. Finalmente houbo algo de visión de futuro.

Só me inqueda un dato. O custe da xogada é de 750.000 euros que paga o erario público. Vale. De acordo.

O que xa me parece bastante terrorífico é a interesada filtración ofrecida aos medios coa mensaxe de pacificación: imos repartir compañías por toda a xeografía da aldraxe local. : tranquilos, nenes, que A Coruña e Vigo tamén terán cadansúa compañía de baixo custe. ¿Custarán outro tanto? ¿Por que foi tan difícil ata agora mesmo isto? ¿Serán rendíbeis? Haberá que agardar acontecementos.

metáforas

15 Decembro, 2004

Vía escolar.net

polémicas

12 Decembro, 2004

Seguindo a polémica Echevarría - El País. Novos, un tanto truculentos e conspirativos datos arredor do estraño post publicado na bitácora de Arcadi Espada, que referencia ausencias. En Periodistas 21.

linguas funcionais

17 Novembro, 2004

Carlos Fuentes, no III Congreso da Lingua española (Rosario, Arxentina): “Posiblemente el inglés sea más práctico que el castellano, el alemán más profundo, el francés más elegante, el italiano más gracioso y el ruso más angustioso. Pero creo que es la lengua española la que con mayor elocuencia y belleza nos da el repertorio más amplio del alma humana, de la personalidad individual y de su proyección social”.

…e o galego -engado eu- doce, cálido, axeitado para falar en familia, recitar poemas no Salón de Actos no Instituto…ou iso é o que durante moito tempo se nos fixo facer crer para que todos nos quedaramos tranquilos e non porfiaramos en estender a lingua. As linguas funcionais. Non hai moita diferenza entre o Fuentes que afirma que a súa lingua é menos práctica có inglés e un Unamuno que se negaba a inventar…

Afortunadamente, os últimos cincuenta anos permitiron distinguir a poesía da ciencia -para moita xente- sobre a lingua. E Carlos Fuentes ofreceu un recital.

Quédame unha dúbida: ¿por que o ruso é “angustioso”?” ¿Quedaría ben esa palabra na cadencia retórica do discurso?