From the category archives:

Mundo

Time e Newsweek: portadas suavizadas para a edición norteamericana

13 Xuño, 2007

time_talibanistan.jpgnewsweek_talibanes.jpg

As imaxes da esquerda e da dereita representan a mesma portada das revistas Time e Newsweek nas súas diferentes edicións internacionais e a súa variación na de consumo norteamericano. Portada fóra dos EEUU de Time: The Truth About Talibanistan (A verdade sobre Talibanistan) e Newsweek: Losing Afghanistan (Perder en Afganistán). As portadas norteamericanas do Time destacan os seguintes temas Why we should teach the Bible in public schools (Por que deberiamos ensinar a Biblia nas escolas públicas) e a da Newsweek é Annie Leibovitz: My Life in Pictures (Annie Leibovitz: a miña vida en fotos). Vía Tiscar.

{ 0 comments }

Fake da xuntanza de dirixentes do G8

10 Xuño, 2007

fake_g8.jpg

Esta foto non é real. Pero sen dúbida é unha das críticas máis lúcidas á xuntanza dos mandatarios dos oito países do Clube do G-8 en Heiligendamm (Alemaña). Foi a campaña de protesta que Os Verdes instalaron nas rúas da vila para protestar por esta invasión, tomando fotos reais do valado instalado para a seguridade das comitivas gubernamentais. A efectos comunicativos e de imaxe pública, esta xuntanza, como as anteriores, foi un auténtico despropósito. 120 millóns de euros públicos tirados na súa organización. 3000 xornalistas e nada en limpo. A axenda diaria dun xornalista está chea do que se chaman pseudoeventos, é dicir, de noticias que non son noticias promovidas polos políticos ou outras organizacións (colle a sección Galicia de calquera xornal e poderedes comprobalo). O curioso dos pseudoeventos é que, a pesar de todo, seguen a ser publicados sen maior problema.

A xuntanza do G8, sen embargo, amosou un problema diferente. Se constrúes un pseudoevento coma este, pero colocas o centro de prensa a 20 km da sede, e practicamente negas o acceso dos xornalistas aos gobernantes, só che queda promover o comunicado oficial, e iso non adoita funcionar. E, como analiza lucidamente Béatrice Gurrey en Le Monde:

Les mesures de sécurité sont devenues si drastiques durant ces sommets, l’accès aux hommes d’Etat et à leurs équipes si restreint, que les reportages vraiment intéressants deviennent les manifestations altermondialistes qui en sont la cause

As organizacións altermundialistas, efectivamente, si tiñan abertas as canles de comunicación e producían un evento para a axenda pública.

{ 0 comments }

Anuncio do Financial Times

14 Maio, 2007

tabeiron.jpg

Un anuncio do Financial Times: “Fusións e adquisicións. Tratamento en profundidade“.

Vía Escolar.

{ 1 comment }

Vive la ciudad na Semente RSS da semana

29 Xaneiro, 2007

Vive la Ciudad é un interesante proxecto de colaboración entre Weblogs S.L. e a cadea hoteleira NH. Trátase dunhas guías turísticas locais mantidas a xeito de blog e, polo tanto, construídas a diario e aos poucos por blogueiros locais. As súas posibilidades como guía obtéñense a partir do intensivo filtrado que podes facer da información a partir de categorías básicas de viaxe. Polo de agora, o proxecto conta con guías locais de Sevilla, Salamanca e Santiago de Compostela. E a de Santiago non está nada mal.

{ 1 comment }

Sadam, primeiro ditador executado na era dixital

1 Xaneiro, 2007

forca.jpg

Se cadra Sadam Hussein sexa o primeiro ditador executado da era dixital, con todas as consecuencias que iso ten. Observei a escena co morbo de calquera; ao pouco lin a transcrición das conversas sostidas entre Sadam, o seu verdugo e un funcionario no tétrico patíbulo. Técnicas, burocráticas, centradas no propio feito. Sadam mantense serio, sobrio, sen facer concesións histriónicas nin alocucións ao pobo. As súas frases para a Historia son directas e convencionais. Pero na súa propia morte aplícase unha metáfora de Internet e dos novos xeitos de comunicación. O vídeo oficial grávase desde arriba, á altura dos verdugos, e detense xusto antes da execución. Pero un asistente, na parte de abaixo, fai a súa propia gravación co móbil, engadindo un punto de vista desde a audiencia e chegando ata o final dos feitos. Cando aforcan a Sadam, a torcedura do corpo só se percibe coa cámara do vídeo á luz dos flashes das cámaras que inmortalizan o momento, o cal, ben mirado, resulta pavoroso. Escóitanse ao longo de toda a execución rezos combinados con berros contra Sadam. E sabemos que todo seguirá igual. Os norteamericanos estarían trala porta, fumando un pito mentres agardan o momento de entrar. O traballo suxo quedou para os locais. Sorprenden os escrúpulos actuais de Washington por non inxerir coas decisións do Goberno iraquí, despois de invadir un país completo. E un sabe que todo isto é un fenómeno moi propio da administración imperial, sexa da época ou do milenio que sexa.

{ 1 comment }

20 voces, un documental multimedia sobre o Xenocidio Armenio de 1915

13 Decembro, 2006

20voces.jpg

20 voices. En cada nova provincia armenia que visitas, deixas plantada unha rosa na interface. Todos son testemuñas tan vellas coma o tempo, pero o impresionante é que estás a escoitar, en realidade, a voz dos nenos que algunha día foron. Lembran o drama desde o seu metro escaso de altura e os seus sete ou oito anos de vida. As palabras máis repetidas nestas testemuñas son pai, nai, mestre, soldados, homes, noite, agarrar. Hoxe falan un inglés de exiliados e os seus bisnetos decidiron rescatar a memoria dos supervivintes, sobre o fondo negro dos documentais. Esta é unha interesante versión web do documental.

{ 1 comment }

Irónica campaña publicitaria do diario Milenio

8 Decembro, 2006

milenio_1.jpg

milenio_2.jpg

milenio_3.jpg

“Un mundo tan complexo precisa dunha boa explicación”, é o irónico slogan da nova campaña publicitaria do diario mexicano Milenio realizada por Olabuenaga Chemistry.

{ 1 comment }

Como respira o Planeta

15 Novembro, 2006

“A metade do osíxeno que respiramos provén dos océanos. Mantén os océanos vivos”, é a mensaxe deste fermoso anuncio de Greenpeace.

{ 0 comments }

Parecidos

5 Agosto, 2006

Un mira esta cidade. De noite, podería ser a nosa.

{ 0 comments }

Mirar como morre Beirut

30 Xullo, 2006

libano_bareto.jpg
1975: libaneses disfrutando da noite nun pubeto con decoración baseada na súa propia guerra civil. Foto: Stephanie Sinclair/Corbis


Anthony Bourdain para Salon.com
:

We went to Beirut to film a TV show about the city’s newly vibrant culinary and cultural scene. Then the bombs started falling, and we could only stand on the barricades of our hotel balcony and watch it all disappear — again.

{ 0 comments }

O retorno das cidades-estado

16 Xullo, 2006

Finlo Rohrer para a BBC:

¿Está el estado-nación bajo amenaza por el surgimiento de las superciudades? (…) Económicamente, muchas de las principales ciudades del mundo están ya divorciadas de sus naciones-estado, y su principal fuente de inversión viene de otras mega-ciudades.


Artigo completo

{ 2 comments }

Punto de partida

22 Marzo, 2006

ETA declara un “alto o fogo permanente“. Un alto o fogo permanente é diferente de indefinido, a terminoloxía empregada por ETA en anteriores negociacións, aínda que non teñamos demasiado claras as diferencias entre ámbolos dous. Teño certa impresión de que o comunicado da organización terrorista foi consensuado entre moi distintos axentes.

Ollemos que o primeiro reto que ETA coloca para negociación se cadra sexa a legalización de Batasuna e, polo tanto, o establecemento dunha canle de interlocución que vincule o entramado social e político do mundo abertzale con ETA:

(…) asegurando de cara o futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas (…)

No comunicado de ETA non aparece as palabras independencia nin autodeterminación. Son substituídas por un ambiguo enunciado:

(…) Ao final dese proceso os cidadáns bascos deben ter a palabra e a decisión sobre o seu futuro. O Estados español e francés deben recoñecer os resultados do devandito proceso democrático, sen ningún tipo de limitacións.

¿Un documento o abondo flexíbel para facilitar fórmulas de negociación? O comunicado de ETA parece deixar todo moi aberto para facilitar puntos de partida. O camiño máis complicado chega a partir de agora.

{ 0 comments }

máis de soares

19 Xaneiro, 2006

…e vaia por diante que non teño nada contra o Dr. Mario Soares, pero non me podo resistir a postear esta historia que publicaba Xurxo Fernández hoxe na Voz:

Soares se aburrió en su visita a la empresa Manuel Pizarro, en Brito. Allí se reunió con dos responsables del grupo textil. Estos le expusieron sus problemas: «Es muy difícil enfrentarnos a la competencia. Rivalizar con Inditex resulta imposible en nuestras condiciones».

El candidato miró a uno y otro lado con gesto dubitativo: «¿Qué es Inditex?», acabó por preguntar en voz baja. El responsable de Pizarro se apresuró a explicárselo: «Es Zara, doctor». La solución del socialista, la más sencilla: «¿Y por qué no trabajan con ellos? Sus interlocutores ya lo habían pensado: «Cada día a las cinco de la mañna dos camiones nuestros descargan en Inditex». «¡Ah!, pues eso es lo que hay que hacer», concluyó Soares visiblemente satisfecho.

{ 0 comments }

cuestión de enfoque

19 Decembro, 2005

El País:

Evo Morales se acerca a la mayoría absoluta en las presidenciales de Bolivia

O International Herald Tribune:

Bolivia elects former coca farmer as president

{ 0 comments }

o Cabo do Adeus

10 Novembro, 2005

farewell

Cape Farewell é un proxecto multidisciplinar baseado nunha serie de expedicións ao Ártico, a través dun roteiro anteriormente xeado pero agora navegábel. A viaxe introdúcese en profundidade en áreas nos que se está a producir o retroceso directo da capa de xeo do casquete polar.

A través da viaxe física ao corazón do debate e do traballo conxunto entre científicos, profesores e recoñecidos artistas, Cape Farewell quere amosar os traballos desta parte crucial do planeta e engachar ao público e ás escolas no debate sobre o cambio climático -chamando a atención da xente sobre o rol que xoga na actualidade o Océano e os efectos que, sobre nós e o noso clima, poden ter as cambiantes tendencias metereolóxicas e o ascenso do nivel do mar.

capa de xeo
Lente de xeo creada por Dan Harvey en Tempelfjorden, 79º Norte.

Outros artistas e xornalistas que viaxan polo Ártico: Ian McEwan, Antony Gormley, David Buckland, Rachel Whiteread, Heather Ackroyd, Michéle Noach, Suba Subramaniam.

{ 0 comments }