Pois todos os sábados, de 13 a 14h., directamente co vermú, na Radio Galega poderás escoitar Come e Fala, un programa de gastronomía con noticias, curiosidades, entrevistas, recomendacións, propostas, historia culinaria, cinema gastronómico… O programa diríxeo o xornalista Iván Piñeiro e nel colaboraremos Xavier Castro, catedrático da USC e, sen dúbida, un dos mellores ensaístas gastronómicos deste país e máis eu, que estarei de tertuliano, traendo cousas frescas que atope por aí á conversa. Eu participarei unha de cada dúas emisións -as fins de semana hai que descansar algo, cando menos!-. En canto teña a ligazón para escoitar en diferido os programas tamén a colgarei aquí. Quedades convidados e convidadas a escoitarnos!
From the category archives:
Medios
Presente e futuro dos cibermedios, segundo Juan Freire
Juan Freire impartiu esta interesante presentación sobre o futuro dos cibermedios. Aquí tamén ten ligazóns a fontes de información.
{ 2 comments }
Murdoch e Berlusconi non son a excepción, son a regla
Moisés Naïm, en El País:
Este fue el paradójico hallazgo del investigador Simeon Djankow y sus colegas quienes examinaron en 97 países quienes eran los dueños de los cinco periódicos más leídos, de los cinco canales de televisión más vistos y de las estaciones de radio más oídas. Encontraron que, como promedio, el Estado es dueño del 30% de los principales periódicos, del 60% de los mayores canales de televisión y del 72% de las principales estaciones de radio. El resto es predominantemente propiedad de familias, que controlan el 54% de los grandes periódicos del mundo y 34% de las mayores estaciones de televisión. Rupert Murdoch y Silvio Berlusconi no son la excepción, son la regla. Solo el 4% de los principales medios de comunicación del planeta tienen una estructura de propiedad dispersa entre muchos accionistas. La norma es que los grandes medios los controlan los gobiernos o los magnates mediáticos y sus familiares.
{ 0 comments }
TimesPeople, a rede social do New York Times

Timespeople, a rede social do New York Times, estreouse hoxe en beta. É un movemento moi importante: aínda que moitos cibermedios tiñan ferramentas para a participación do usuario, moi poucos desenvolveran unha rede social ou algo similar (no Estado español, ADN foi pioneiro neste sentido). O concepto de Timespeople é moi sinxelo: facer que os usuarios filtren as inxentes cantidades de contido do New York Times recomendando contidos aos seus compañeiros da rede social. Non está mal, pero supoño que é un primeiro chanzo.
Se o queres probar e non tes a ninguén dado de alta en Timespeople para poder fedellar no funcionamento completo do sistema (cousa que lle está a pasar ao longo do día de hoxe a todo o mundo), busca magago. Fixen algunhas recomendacións de proba.
Pola miña parte, e non vos vou contar por que, a fórmula do New York Times deixoume profundamente pasmado, non polo que é, senón porque todo iso xa o vin escrito antes en detalle para outro cibermedio ben máis pequeno (e mesmo con solucións para o problema inicial, xa previsto, que están tendo hoxe os usuarios para atopar outros usuarios que lles recomenden cousas).
{ 0 comments }
200 anos de noticias no Times online

Acaba de facerse público o arquivo do Times, e con el pódense percorrer 200 anos de Europa a través deste xornal. Por exemplo, a execución de María Antonieta.
{ 2 comments }
Localizar novas cadeas de valor para os contidos nos cibermedios

A redacción de Público (Lisboa)
O programa Shaping the future of the Newspaper da Asociación Mundial de Editores de Periódicos produciu en marzo un interesante informe: The value of news content (aquí pódese descargar o resumo executivo). Velaquí o obxectivo:
“O hipercompetitivo escenario de medios e un mercado conducido polo consumidor están a crear unha oportunidade para que as compañías de xornais maximicen a Cadea de Valor do contido para ser máis eficiente e obteña beneficios“, advirten os redactores. O informe contén algunhas recomendacións ben interesantes sobre o escenario actual: están moi orientadas ás grandes compañías de comunicación pero teñen reflexións interesantes tamén en pequenas e medianas empresas e medios, especialmente no caso de pequenos ecosistemas mediáticos nos que as institucións públicas teñen un importante peso comunicativo. Vin tres ideas suxestivas:
1.Cada vez mais contidos teñen valor económico nulo: é preciso buscar un segundo nivel de información
O máis interesante do informe é as advertencias que fai nas transformacións do Ecosistema de Medios. Na Internet actual, hai un fluxo de información e contidos básico, xeral, mil veces replicado en todo tipo de plataformas e que usuario topa continuamente e sen dificultade a pouco que navegue pola rede. É a “commoditized information“, a materia prima de alto consumo e alta dispoñibilidade. No novo contexto de Internet esta capa está asegurada por múltiples puntos e os medios que aspirasen a incrementar a súa cadea de valor deberan dala, principalmente, por suposta e asumir que carece, practicamente, de valor de mercado e retorno económico. É dicir, toda a maraña de notas de prensa, notas de axencia, comunicados oficiais e titulares replicados ao longo dos medios, sitios automatizados de noticias, blogs, etc. Dito doutro xeito: para un medio, na actualidade, a noticia “Google gaña o Príncipe de Asturias de Comunicación” ten un valor económico nulo.
A diferencia, para o informe, está noutro tipo de información especializada no usuario final. Se no modelo anterior o “xuízo das noticias”, a súa avaliación e estimación por parte dos profesionais do xornalismo, conducía o desenvolvemento do contido, no novo modelo este papel descende, e é o enfoque na audiencia o que orienta a produción de contido.

Isto plásmase en que é preciso especializarse e loitar por diferenciarse nun contexto no que hai determinados feitos que se van replicar de xeito case instantáneo en todas as cabeceiras e que, se cadra, a competición por a ver quen publicaba antes na súa páxina de inicio unha noticia non demasiado relevante é absurda e, sobre todo, inútil en termos de audiencia e económicos. Segundo o informe, é preciso achegarse máis ao concepto de información personalmente relevante. Por suposto, traballar nun cibermedio con conceptos persoais require unha reestruturación moi delicada da arquitectura da información do sitio e do xeito no que traballan os xornalistas.
Hai unha pregunta lóxica a todo isto: se os medios abandonan as noticias tal e como eran agora entendidas, ¿quen as fará?¿Seremos pasto dos gabinetes?¿Non o eramos xa? Por suposto, é un informe da patronal. Esa pregunta non encaixa nun documento de estratexias.
2. Valores, lealdade e percepción de cibermedios alén do consumo de contidos
O informe ademáis inclúe referencias a unha investigación levada a cabo por The Readership Institute da Universidade de Northwestern na que se busca saber que é o que traslada o cibermedio alén da propia satisfacción da lectura do seu contido, é dicir, que experimenta o usuario que acude fielmente a unha cabeceira. Entre as respostas, os investigadores identificaron varios temas recurrentes:
- O sitio tócame e expande a miña visión
- Conéctame con outros
- Paga a pena gardalo e compartilo
- Faime máis smarter (listo, espabilado)
- Entretenme e absórbeme
- Está adaptado a min
Obviamente, o desenvolvemento deses valores xa non depende só do medio: se nos fixamos, boa parte deles represéntanse hoxe mellor nos sitios sociais. Como pode o cibermedio manter unha identificación persoal co usuario?
3. Consolidación de novos formatos, posibilidades e conceptos nos cibermedios máis destacados:
Segundo un informe de The Bivings Group, determinados conceptos e formatos están a consolidarse nos cibermedios, comezando a formar un estándar que achega unha radiografía moi valiosa da estrutura dos cibermedios actuais:

{ 0 comments }
Interesante gráfico deportivo de El País

Os campionatos de fútbol son un importante revulsivo de audiencia para os cibermedios, así que sempre é interesante ver de que xeito tratan as retransmisións dos partidos. O máis significativo do modelo deste ano é a existencia, xunto á xa tradicional retransmisión en modo texto, dun fluxo continuo tamén dos lectores, en consonancia cos tempos. Aínda así, o que máis me gustou foi este gráfico actualizado en tempo real de El País na páxina da retransmisión do España-Rusia. Representando un diagrama no que a escala vén determinada pola proximidade do balón á portería e as oportunidades de marcar gol, permite localizar os momentos máis relevantes do partido e, desde cada un dos fitos, acceder á entrada da retransmisión correspondente a ese momento. É unha interesante traslación de modelos gráficos habitualmente empregados para o sector económico ao campo deportivo.
{ 0 comments }
O xornal do futuro?

A consultora Innovation e a empresa Bermer presentaron 3030, o prototipo da esquerda coma o “xornal do futuro”, durante o congreso World Newspapers Congress que se está a celebrar en Göteborg (Suecia). Non sei o éxito que terá, pero basicamente coloca un modelo que arrevista a edición diaria e a coloca nun plano moi diferente ao actual.

{ 4 comments }


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 

