Casa do Romualdo e O Anxo Negro, unha alianza singular

Como xa teño publicado en Capítulo Cero, a Casa do Romualdo, en Taboada, rexentada por profesionais da hostelería que viven a tempo completo deste negoci (importante resaltar isto), é un dos establecementos de turismo rural máis chulos da Ribeira Sacra. O lugar é fermoso e singular, a comida está excelente, a familia é adorable e moitos sitios interesantes fican preto da casa. Aquí está un post meu sobre o lugar, de hai xa bastantes anos.

Para este verán, a Casa do Romualdo ten unha promoción moi chula. Unha estancia de catro noites, con visitas guiadas, catas, paseos…e tamén, de agasallo a escoller, a miña novela O anxo negro ou Todo isto che darei, de Dolores Redondo. Turismo e literatura da man, cultura e historias, eis un gran futuro se somos capaces de tecer complicidades entre xente distinta que busca explorar novas vías para o desenvolvemento de Galicia. Bótalle un ollo á promoción, que ao mellor te interesa:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará