Galicia 100: inauguramos o martes 24 en Vigo

Pois a exposición Galicia 100 chega á súa etapa final en Vigo, da man de Afundación. Inaugurarémola o martes 24 de xaneiro ás 20 horas e, por suposto, estás convidado ou convidada para asistir. Tralas palabras inaugurais, farei unha pequena visita guiada, centrada nunha selección de dez obxectos de gran relevancia dentro da mostra.

Galicia 100 estará na sala de exposicións do Teatro Afundación (rúa Reconquista s/n) ata o 25 de marzo. Nesta ligazón dispós dos horarios e días de visitas guiadas (impartidas polo persoal de Afundación).

Na foto, o home clástico do Dr. Azoux. Foto: José Caruncho

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará