Real Vikings: Galicia no imaxinario mundial sobre os vikingos

Non teño moito tempo estes días para actualizar o blog xa que estou inmerso nun apaixonante proxecto do que a penas vou avanzar uns datos por falta de tempo. Estes días, un equipo de Take5 Productions, a empresa canadiense que está a producir a famosa serie histórica Vikings, que narra as aventuras de Ragnar Lothbrok e os seus seguidores e familia na conquista de Europa, está en Galicia. É unha das series de ficción máis exitosas dos últimos anos a nivel mundial. A produtora está a realizar un documental de acompañamento da serie no que se investiga ao redor da realidade e a ficción ao redor da serie. Isto é, un documental que será emitido en todo o mundo en paralelo coa cuarta tempada da serie o vindeiro outono de 2016.

A cuarta tempada de Vikings narrará as aventuras do fillo de Ragnar na ficción, Bjorn, nos seus raids no sur de Europa: desde Galicia e o Mediterráneo. Así que o documental irá sobre iso: sobre a pegada dos raids vikingos nas costas europeas e incluso mediterráneas. Tras longas conversas finalmente a produtora vai dedicar un capítulo completo da serie documental a Galicia, emitido a millóns de persoas en todo o mundo. Andamos estes días coa filmación en diferentes puntos do país. Isto é importante aclaralo: nos medios publicouse estes días (nós non dimos esa información) que a serie Vikings ía gravar en Catoira. Isto é certo, pero Catoira só é unha parte de toda a historia, que involucra en realidade a toda Galicia, do norte ao sur. O equipo de Take5 está/estamos rodando quince ou dezaseis horas diarias, ao longo da Costa da Morte: Camelle, Arou e Santa Mariña, e o seu marabilloso imaxinario oral ao redor da piratería e o seu vínculo coa topografía da zona, Carnota co seu conxunto de fortificacións nobiliares e paisanas da época de Bjorn e posteriores, Catoira e as súas fortificacións construídas despois e por mor da torrenteira de ataques do século X, A Mariña Lucense co seu bispo santo, loitador especializado contra os vikingos…

Son días intensos e fascinantes, pero é magnífico ollar a reacción dos expertos internacionais ante o tesouro patrimonial que preservamos, tanto no imaxinario como nas evidencias materiais. Acompañados dunha das máximas autoridades mundiais en arqueoloxía vikinga, o doutor Neil Price, profesor da Universidade de Uppsala, en Suecia, e a doutora Irene García, da Universidade de Aberdeen, asegúrovos que é impresionante observar a súa cara e a do resto do equipo de Take5 cando coñecen a arqueoloxía altomedieval do país. Poucas veces teño visto emocionarse a anglosaxóns como o están a facer en Galicia. No noso programa, a cultura galega é parte fundamental: escoitamos aos Druidas da Rolda da Costa da Morte, celebramos a gastronomía do país en Casal do Cereixo, falamos con mariñeiros, buzos, labregos…

Unha importante reflexión é que toda a produción, moi custosa, está a facerse co diñeiro privado da compañía. Viñeron atraídos pola Historia que aquí existía, e non polos cartos dunha Administración pública. Viñeron porque quixemos contar esta historia ao mundo a través das novas tecnoloxías, porque establecimos redes de maneira incansable e porque cremos que a xenerosidade coas historias e coas persoas é a base de que este país prospere e se vexa no mundo. A intensa reacción/interacción dos galegos da época ante os raids vikingos cobra, agora, visibilidade internacional sen un peso público, sen pailanadas de pagar talegadas a cantantes de Miami e a guías vermellas: simplemente porque as historias o merecen, cremos en nós mesmos para defendelas e queremos contalas ao mundo.

26 Comments

  1. 30 / Novembro/ 2015

    Amazing! & Congrats por estar na allada

  2. marck
    30 / Novembro/ 2015

    e da torre de San Saturniño de Cambados non se fala?

  3. 30 / Novembro/ 2015

    ¿Sexta temporada? Pero si ni han empezado la cuarta!!! Periodismo de calidad. ;)

  4. 30 / Novembro/ 2015

    Unha historia moi interesante, Manuel! Admito que non sigo a serie, pero xa teño ganas de ver o resultado deste documental. Cóntanos máis cousas cando remates a rodaxe!

  5. 30 / Novembro/ 2015

    Pois non. Tampouco de Tui nin da Lanzada, por exemplo. É televisión.

  6. 30 / Novembro/ 2015

    Que yo sepa esto no es un artículo periodístico, sino una breve nota escrita a la una y media de la mañana despues de 20 horas seguidas de trabajo. Ya está corregido y ahora procederé a inmolarme y a pedir perdón a la Humanidad por esta intolerable confusión.

  7. 30 / Novembro/ 2015

    Creo que vai saír moi ben, Carolina, grazas por animar!

  8. Ana
    30 / Novembro/ 2015

    Botaríades man de STACKARS PILGRIMEN non Manuel?!, ás interrogantes históricas que plantexa ponlle prontas e sólidas respostas.
    De seguro a universidade en pleno de Uppsala estarán encantados de ter una dilatada charla co autor, non en van comparten nacionalidade e han de saber moi ben do que falan.
    Unha grande aperta.

  9. Festa Normanda de Foz
    1 / Decembro/ 2015

    Unha noticia fantástica! no que vos poidamos axudar pola zona da Mariña lucense, contade con nós!!

  10. Marguiña
    1 / Decembro/ 2015

    Pois ollos azuis e cabelo loiro hainos por todo o país, pero facianas verdadeiramente escandinavas téñoas visto especialmente en xente desa zona: Arou, Camelle, Laxe…dígoo porque ao traballar no DNI vexo de donde é orixinaria a persoa que atendo. Deberon de quedar non poucos vikingos por alí.
    Parabéns por visibilizar o país e nada menos que coa serie Vikings! Coma sempre, un placer recibir este tipo de novas.

  11. 1 / Decembro/ 2015

    Moitos parabéns Manuel! Algúns aínda non entenden que a Historia hai q divulgala e sacala dos libros…para sacarlle rédito para o futuro (e non esquecela ;)

  12. 1 / Decembro/ 2015

    Grazas!

  13. JuanRa
    1 / Decembro/ 2015

    Parabéns polo proxecto!!. Sería interesante que faledes da orixe vikinga da dorna que Staffan Mörling estudou, ou da presenza en Galicia do síndrome de pseudo exfoliación do cristalino, (enfermidade característica dos países nórdicos), que relaciona a nosa poboación coas invasións vikingas.
    Un saúdo!

  14. Eowin
    1 / Decembro/ 2015

    Nice, I really miss the old good documentaries. Tell the History like a story.

  15. Luís
    1 / Decembro/ 2015

    Un aspecto positivo máis: a produtora é canadiense. Un xeito de pechar as feridas do conflicto entre os dous pobos que protagonizaron a Guerra do Fletán ;-)

  16. Brinco
    3 / Decembro/ 2015

    Si os galegos temos algo de viquingos os canadenses poden ter algo de galegos. Os carroughs celtas -precursores dos drakkars viquingos- eran embarcacións compostas dun armazón de madeira semellante a un gran cesto de vimbia cuberta de peles de boi curtidas con cortiza de carballo e calafateadas con axuda de sebo, provistas dunha áncora de pedra e dunha vela cadrada. O francés Jacques Cartier descubriu embarcacións parecidas entre os indíxenas durante a súa exploración do río San Lorenzo en Canadá.

  17. María de Galiza
    3 / Decembro/ 2015

    Parabéns. Por se vos pode achegar algo, hai un volume que analisa esta relación “Gallaecia Scandinavica” de Vicente Almazán.

  18. 3 / Decembro/ 2015

    Fabuloso!

  19. Verónica
    4 / Decembro/ 2015

    Increíble sensación ésta de estar lendo e ter a pel de galiña ata o final,vénseme a palabra ORGULLO á mente….Gracias Manuel por enseñar a nosa tan preciada terra,farásenos longa a espera!

  20. Xavi
    6 / Decembro/ 2015

    Que buena ocasión para preguntar quien era Rodrigo Romariz o para deaarrollar el inmenso asunto de porqué hallaron aliados entre los indóciles nobles gallegos después del exilio sufrido por Diego Peláez una vez descubiertas sus intrigas con los hombres del norte, o porqué en Birka existió la primera comunidad cristiana sueca, es un hecho probado que hubo gallegos voluntarios filas del ejército normando cuando Guillermo el conquistador fué montado en uno de aquellos alfaraces de La Limia a la batalla de Hasting.

  21. Lucas
    12 / Decembro/ 2015

    Eu son de O Vicedo, e para máis inri conservador restaurador na especialidade de arqueoloxía. Foi unha bágoa que non me enterara da vosa visita, me cachis!
    Pero estou moi orgulloso de todo o que está a suceder ao redor de Moutillós. De feito este xacemento forma parte de moitos dos meus traballos incluido o TFG. Espero que algún día podamos visitar un xacemento ben documentado, sinalizado e cunha boa xestión didáctica para o entendemento dos mortais, sería xenial a ver se dende a administración espabilan.
    Polo tanto moitas grazas tanto o teu traballo coma a asociaicón MariñaPatrimonio.
    Unha aperta!

  22. 13 / Decembro/ 2015

    Grazas a ti por escribir, Lucas. Non te preocupes, porque a gravación de documentais é bastante coñazo para a xente que mira!

  23. Mateo
    27 / Novembro/ 2016

    Ola,
    Escribía para preguntar se xa se estreou o documental da cuarta temporada da serie Vikings, se esto é así, poderías dicirme onde o podo ver?
    Grazas de antemán,
    un saudo.

  24. 28 / Novembro/ 2016

    En teoría xa o emitiron este 26 de novembro en Canadá, pero eu aínda non o puiden ver.

  25. SONIA
    2 / Febreiro/ 2017

    Hola,
    Ayer vi el documental, porque soy seguidora de la serie y me encanta. Tengo que decir que empecé a ver la serie este año en Navidades, descargué todos los capítulos y me gusto tanto que en un día he visto una temporada entera.
    En tu blog veo que has dado charlas en O Vicedo sobre los vikingos y me gustaría saber si tiene programada más charlas para este año. Estaría muy interesada en asistir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará