Platos rotos: máis dunha década de textos gastronómicos, agora en ebook

Last updated on 18 / Novembro/ 2015

Con moito gusto quero presentarvos este meu novo proxecto. É un libro electrónico distribuído a través do programa Kindle de Amazon chamado Platos rotos. Textos gastronómicos (2003-2015). Aquí tedes o resume que podedes atopar en Amazon:

El periodista Manuel Gago -autor del blog gastronómico más antiguo en España- reúne en este libro más de una década de textos sobre cocina, restaurantes y chefs que documentan los profundos cambios que ha vivido la gastronomía en este país en la última década. Con un estilo ameno y plagado de ironía, Gago narra desde una óptica gallega las costumbres gastronómicas del urbanita y del habitante del rural del siglo XXI, y retrata el despegue de los grandes chefs gallegos y de la nueva gastronomía española y gallega. Desde chefs gallegos como Pepe Solla, Marcelo Tejedor, o Iván Domínguez, ata emblemáticas comidas en El Bulli de Ferrán Adrià, o en las casas de Arzak, Olivier Roellinger, Massimo Bottura, Andoni Luis Adúriz o Joël Robuchon. En Platos Rotos, Gago no se resigna a perder los grandes valores de la gastronomía tradicional mientras exploramos y nos maravillamos ante la nueva creatividad de la cocina. Un libro clave para entender el despegue de la gastronomía contemporánea, a partir de la historia de la ancestral y emocional cocina gallega.

Con este libro procuro varias cousas. A primeira, botar a vista para atrás e organizar moitísimos traballos dispersos en toda sorte de revistas e libros, textos que ás veces foron ben distribuídos e outras ficaron un pouco menos coñecidos, pero nos que puxen, en todos eles, todo o meu empeño en escribir e contar. Agora fican agrupados, dunha maneira coherente, nestes Platos rotos. Creo que se acabou unha época na gastronomía: vímola nacer fortísima e medrar ata niveis insospeitados a nivel de popularidade mediática e social. Agora creo que estamos xa no cénit deste mundo, que volverá pouco a pouco ao rego da normalidade. É un bo momento para parar, reflexionar e mirar o futuro. Por iso reúno estes platos rotos: artigos guindados ás miñas costas, escachados na parede como en todo banquete ruso, confiados nun futuro. O resultado é fermoso para min.

Como moitos dos artigos foron redactados orixinalmente en castelán, decidín optar por esa lingua para todo o libro. Creo que é tamén unha maneira de explicar un chisco da cociña galega actual a un importante público para o noso sector que, ás veces, quedou ancorado en Álvaro Cunqueiro (magnífico, pero era un home do seu tempo, non do noso).

Ademáis, estaba moi interesado en explorar as posibilidades da autoedición. Non é este o mellor libro para facelo (o ideal sería algunha intriga, algo erótico ou de autoaxuda) pero que lle imos facer. :-)

Para ler o libro tedes que ter un Kindle ou ben descargarvos a app gratuíta de Kindle para Android ou para iOS. O libro esta semana está de oferta promocional, a un custe de só 0,99 euros, e posteriormente incrementará o seu prezo. Así que se te apetece, este é o momento ideal! :-)

Accede á páxina de Platos rotos en Amazon.

5 Comments

  1. R.
    19 / Novembro/ 2015

    Queremos epub!, queremos epub! ;o)

  2. 19 / Novembro/ 2015

    Rubén, xa o tes. O libro de Kindle é un epub, e podes instalar o software de amazon para lelo gratuitamente. :-)

  3. R.
    20 / Novembro/ 2015

    :-O
    Pois alá vou, moitas gracias!
    ¿Quere crer que non o sabía? Bueno, claro que o crerá…

  4. R.
    21 / Novembro/ 2015

    Nada, ó lector (un Sony) non fun capaz de transferilo. :/

  5. 21 / Novembro/ 2015

    Tes que instalar a aplicación de Kindle. Mira nas instrucións de Amazon. Apertas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará