Os centinelas do mar: fortificacións en altura da Costa da Morte: sábado 3 de outubro en Cee

Unha grande honra para min abrir O Mes da Fundación Fernando Blanco este sábado 3 ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Cee. O tema que vou tratar vai ser “Os centinelas do mar: fortificacións en altura da Costa da Morte”, e pretende ser un resume e contextualización do traballo que estamos tendo nos últimos anos por comprender a impresionante interacción entre océano, a topografía accidentada da Costa da Morte e os equipamentos defensivos e de control construídos polo poder e/ou as comunidades da zona ao longo de dous mil de Historia. Eis un patrimonio que rebasa o arqueolóxico e adéntrase en moitas máis cousas: na xeoloxía, na topografía, nos diferentes tipos de ataques e invasións e os cambios que producen no rexistro arqueolóxico, ademáis doutro interesante asunto: o case absoluto silencio da tradición oral ao redor destes lugares, nun país no que as lendas medran coma os cogumelos.

A maiores, presentarei fortificacións inéditas e aínda non presentadas en Capítulo Cero que agachan interesantes incógnitas.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará