Como facer o costeletón perfecto

Last updated on 30 / Xaneiro/ 2017

Non son horas, pero non me podo resistir a publicar este vídeo de como facer un gran costeletón (ao gusto norteamericano). A maiores, podedes consultar en Tasting Table consellos pro e máis información sobre esa disciplina académica, a costeletonística, que conta co maior número de matriculados do país.

5 Comments

  1. noteluch
    2 / Febreiro/ 2015

    Cando se fala de cociña, cada quen ten o seu libriño. Eu provei varios xeitos de facer a chuleta (cando falo de chuleta falo dunha peza de 1’5 kg de vaca mercada en Chelo Muñico). As dúas que mellor resultado deron foron as descritas nestes enlaces. O primeiro inclúe unha loubanza á carne galega e ao manexo que fan nalgunhas casas cos animais.
    Un saúdo,

    http://blog.daviddejorge.com/2010/06/23/robinfood-pimientos-del-piquillo-confitados-chuleta-de-vaca-asada-al-horno
    http://www.martinberasategui.com/blog/2014/01/16/robinfood-cogollos-de-lechuga-braseados-chuleta-con-pure-de-patatas-y-aceite-negro/

  2. 2 / Febreiro/ 2015

    E que grande David de Jorge recomendando libros de Bukowski canda as chuletas! :-)

  3. Rafa
    7 / Febreiro/ 2015

    Vaites,vaites! O de botarlle herbas e manteiga ao chuleton e pecado na miña opinion. Se o chuleton e bo, de vaca vella de Lugo, co seu tempo de camara ( minimo 21 dias) o unico que lle hai que facer e poñelo na brasa (de carballo e mellor) volta e volta, porlle o sal groso despois, filetear e servir.

  4. Seródio
    30 / Xaneiro/ 2017

    En galego chámase costeleta (ou costeletón)!!
    Un pouco de interese por empregar ben a lingua!!

  5. 30 / Xaneiro/ 2017

    Ten toda a razón! Cousas do directo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará