Gallaeciae Monumenta Historica: unha ferramenta para explorar a Idade Media

Last updated on 16 / Xaneiro/ 2015

Lewis Chessmen

Con gran pracer presentamos hoxe Gallaeciae Monumenta Historica, un proxecto de repositorio documental no que no CCG estamos incorporando (e procesando) toda a documentación medieval que tiñamos editado ao longo destas décadas e no que no futuro incorporará tamén documentación externa. Esta é unha visión distinta da documentación medieval. Foi este un traballo de chineses e debo agradecer ao meus compañeiros técnicos e á dirección do CCG o entusiasmo cun proxecto de gran importancia para Galicia como país. Todo en libre acceso, consultas a texto completo e sen rexistros previos.

As documentalistas de DeHistoria realizaron un traballo inxente de comprender os documentos e unificar as numerosas heterografías (versións distintas da mesma palabra, topónimo ou nome de persoa, un problema frecuente da documentación medieval), construíndo un impresionante friso da sociedade medieval con múltiples vías de exploración de documentos en latín, galego e castelán. O sistema programado por Dimensiona permite seguir a pegada na documentación de raíñas, bispos, pero tamén cabaleiros, burgueses, xastres, labregos, explorando o noso pasado a través dun sistema hipertextual. Aos alemáns e aos portugueses levoulles moitísimas décadas completar os seus repositorios documentais, os seus Monumenta Historica. Nós esperamos acabar un pouco antes, pero esta web é un desafío e un convite a explorar lugares, persoas e conceptos ao longo do pasado.

Falta moita documentación non editada polo CCG por incorporar, pero xa hai 7000 documentos publicados que dan conta da potencia do sistema.

Probade a explorar, por exemplo, desde os índices A-Z.

7 Comments

  1. Estevo
    16 / Xaneiro/ 2015

    Impresionante! Menudo traballazo. Vou estar entretido unha boa tempada.

  2. brigantium
    16 / Xaneiro/ 2015

    Unha chulada Manolo. Unha pregunta, fai unhes anos, non me digas por onde, conseguin entrar nun enlace dunha páxina da Xunta onde publicaban un pequeno informe de todalas excavacions que se fixeran en Galicia no ano; creo que aquí fixeras ti tamen referencia pero deso non tou seguro. Ti non saberas se se seguiu facendo. Creo que puiden consultar a de tres anos pero despois perdin o link da paxina… igual con “tantas” que se fan deixaron de publicalo por, digamos… breve

  3. xangal
    17 / Xaneiro/ 2015

    Abraiante dende logo.

  4. 17 / Xaneiro/ 2015

    Unha ferramenta mui boa para coñecer esa Galicia daquel tempo.

  5. 17 / Xaneiro/ 2015

    Pois desapareceu iso, Brigantium! Xa non existe desde hai uns anos!

  6. brigantium
    18 / Xaneiro/ 2015

    Vaia, unha magoa….

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará