Gastronomía de ida e volta no número 12 de Luzes

Neste novo número de novembro (12) da revista Luzes, colaboro cunha reportaxe sobre gastronomía de ida e volta, relatando catro historias fascinantes ao redor da gastronomía galega ao longo dos séculos. Desde o pouco coñecido gusto dos monxes dos diferentes mosteiros galegos hai mil anos pola cervexa a unha misteriosa bebida da súa familia, a cibaria, que nos fan pensar que non é necesario pensar nun orondo frade belga para pensarmos en vellas tradicións cervexeiras, ata como os arqueólogos galegos investigan as paparotas e beberotas da Idade do Ferro, mesmo experimentando valentemente no seu propio bandullo, pasando por mulleres que soñan antigo e lembran ancestrais receitas de orixe medieval, xenetistas que se desquician -cientificamente falando- coas marabillosas ‘sementes de voda’ do mundo tradicional galego e catalogadores pacientes de ducias de variedades de mazás exquisitas para a elaboración de sidra. Historias cruzadas definidas na encrucillada da gastronomía vella dun vello país. A reportaxe conta ademáis coas fotos de Sole Felloza. Neste número 12, de novembro, da revista Luzes.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará