Confirmado un novo fortín romano en A Recacha (Navia de Suarna)

Un equipo do CSIC está a traballar no sitio arqueolóxico de A Recacha, no concello lugués de Navia de Suarna, e xa pode confirmar a hipótese que existía ao redor deste recinto fortificado circular: é un establecemento militar romano. Os lectores de Capítulo Cero recordarán a secuencia de descubertas do campamento de A Granda das Xarras, tamén neste punto no que conflúen Galicia, León e Asturias, a partir do anuncio na revista Gallaecia, a súa posterior verificación arqueolóxica. Sobre a Recacha existía unha hipótese de que fose un destacamento auxiliar, contemporáneo ou non, do campamento de A Granda das Xarras, pero tamén había dúbidas porque o recinto era circular e non tiña comunicación visual con A Granda, malia a súa proximidade; iso podía remitilo a un castro ou a un castellum altomedieval. Pois ben, a partir do achado de todo tipo de material metálico a través de detector (puntas, clavos, etc.), os arqueólogos confirmaron alomenos o uso castramental romano deste fortín e a súa cronoloxía, en plena época de conquista das Guerras Cántabras. O que aínda non sei é se foi contemporáneo da Granda, anterior ou posterior, pero completaremos a información en canto haxa máis noticias, se se consegue saber ese dato.

Por certo, xa aviso que en breve (algúns meses) se dará a coñecer outro, nunha ubicación fascinante. Y hasta aquí puedo leer.

5 Comments

  1. oventoquepassa
    25 / Agosto/ 2014

    Como che ghusta dexarnos co mel nos beizos…
    Bribón! ;-) XD

  2. Anónimo
    25 / Agosto/ 2014

    A ver se o os vai haber por todos os lados….resulta logo que agora tamén os hai redondos. Pois esta cousa chámase A Cerca , e ten fasquía redonda pic.twitter.com/JZULvJDcxB ten un castro ao lado para comparar os tamaños, ( xa estaba alí, eu non o puxen) Creo que xa tíñamos falado…

  3. 25 / Agosto/ 2014

    Vai estar chulo, xa verás, ventoquepasa.

  4. 25 / Agosto/ 2014

    Seguro que había moitos…pero a nosa orografía, a distribución de terras, o aproveitamento de montes, cargáronse estas estruturas tan febles (cando son abandonadas). Efectivamente, coñezo ese, pero dígoche que xa sabes que en Lalín aos castros gústalles moito ir “por parellas”… :-)

  5. Elixio Vieites
    25 / Agosto/ 2014

    Coma sempre saio de anónimo. Señor anónimo Vieites para máis señas. Mírelle vostede aí o mesmo de antes pero no voo do 56 pic.twitter.com/hhuTp6gUjz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará