Parecidos máis que razoables: Caterthun e Coto Redondo

Coincidiu que estou a preparar a miña inmediata viaxe a Escocia e, ao mesmo tempo, a charla de mañá, luns, sobre o celtismo en Galicia. Aínda que a miña aproximación non vai ser arqueolóxica, hai cousas que non me resisto a publicar, e que me provocan unha gran diversión cando as vexo. Como estes parecidos máis que razoables entre os dous castros de Caterthun, en Angus (Escocia), á esquerda, e o Castro das Hedras e o Castro Pequeno, no Coto Redondo (entre Agolada e Antas de Ulla), á dereita. Aínda que a foto non se aprecia, nos castros galaicos tamén teñen murallas concéntricas exteriores. O parecido é tal que mete medo, mesmo esa semellanza entre o castro circular (norte) e o castro en forma ovaloide (sur). Nin os escoceses nin os galegos foron estudados a fondo a nivel científico.

Iso si, por suposto que hai unha diferencia. Mirade o respecto ambiental co que están tratados os sitios arqueolóxicos escoceses e a clásica desfeita galaica: as pistas polo medio do perímetro de protección, o cortalumes, o parque eólico…fáltame o verquedoiro municipal e a canteira para ter todo o surtido contemporáneo de destrución de paisaxe galega!

2 Comments

  1. 12 / Xullo/ 2014

    Por suposto, en Caterthun teñen a súa moura construtora, como non podía ser doutro xeito.

  2. AGR
    13 / Xullo/ 2014

    O misterioso caso dos castros duplos. Temos varios exemplos en Galicia (como os de Quireza, en Cerdedo). Por desgracia non se escavou ainda ningún par (salvo os do Neixón, pero son de fases distintas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará