Territorios dixitais e cidades paralelas en Heidelberg, este luns 30 de xuño

Pois este luns impartirei unha conferencia na Universidade da fermosa cidade de Heidelberg (Alemaña) sobre territorios e comunidades dixitais en Galicia. Explicarei a conformación da sociedade da información en Galicia a través da estrutura demográfica, os equipamentos e determinados acontecementos. A conferencia está organizada polo Centro de Estudos Galegos da universidade.

Tamén faremos unha actividade bastante máis curiosa á que estades convidados e que pode ser ben divertida, convocada polos seminarios de galego e catalán. Imos facer un roteiro turístico por Santiago de Compostela percorrendo as rúas de Heidelberg. E diredes: “ein?”. Basicamente faremos un roteiro para coñecer o casco histórico de Heidelberg e buscando as correspondencias e as diferencias da estrutura medieval e renacentista desta vella cidade universitaria con Compostela (que a xente verá por vídeos e por fotografías). Pode ser ben divertido. ;-)

Eis o cartel do evento:

2 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará