Cando Mario coñeceu a Clío: a Historia na industria cultural

Con este divertido título: Cando Mario coñeceu a Clío: Isto é outra Historia!!, a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia de Ourense organiza unhas xornadas sobre como se representa a Historia en campos tan diversos coma o audiovisual, os videoxogos, o cómic..o xoves, Manel Cráneo e máis eu teremos a honra de presentar un pouco un making of de Vento e Chuvia, das relacións entre fantasía e historia, e como se constrúe unha mitoloxía factible, pero imaxinaria, nun contexto cultural determinado. Temas apaixonantes. Se queredes, vémonos no Salón de Graos da Facultade de Historia de Ourense, o xoves 24 ás 16:30! Parabéns, por certo, a profes e alumnos da Facultade por unha idea tan orixinal.

2 Comments

  1. 25 / Abril/ 2014

    hahahah! É que non vexas que ben se me dá a pintura de brocha gorda! ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará