Os peiraos de madeira na Ría de Arousa

O meu pai continúa a facer un inxente e documentadísimo traballo de recuperación da memoria náutica e industrial da ría de Arousa ao longo do século XX. O seu novo traballo, escrito no que podería definir como un “galego porfiado” é unha detalladísima e documentadísima historia duns elementos tan fundamentais durante este século na Arousa como ausentes na actualidade: os peiraos de madeira que permitían conectar as industrias do mar coas zonas de calado para os barcos que traballaban para elas. As xentes que vivimos na Arousa só temos noción destes portos por fantasmais presenzas arqueolóxicas: aqueles tocóns vellos,comestos polo mar, que aparecían nas mareas nas praias nas que nos bañabamos, bases daqueles equipamentos. En fin, recoméndovos moito esta publicación electrónica de Os peiraos de madeira na Ría de Arousa, unha achega fundamental á memoria do século XX da ría, que se nos está a ir día tras día.

2 Comments

  1. Moncho
    15 / Abril/ 2014

    Dálle a teu pai a gracias da miña parte por este traballo. Para os que nos interesan estes temas é unha información interesantísima.

  2. 15 / Abril/ 2014

    Será dito. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará