Google Night Walks, unha exploración do turismo experiencial na pantalla

Ben interesante é o concepto das Google Night Walks, unha adaptación a Google Maps das Promenades Sonores deseñadas por “Julie, Radio Grenouille e 30 autores diferentes”. O experimento céntrase nunha gravación que explica o Cours Julien, un barrio de Marsella famoso polo seu graffiti e arte de rúa. O que me resulta interesante é a fusión entre a interfaz de Google Maps con axustes que configuran unha “experiencia” de percorrido urbano. É ben curioso, neste sentido, a sensación de dejà vu que temos cando exploramos primeiro un sitio no Street View e logo o visitamos fisicamente por primeira vez. Ese dejà vu parécese demasiado ao dunha experiencia sentida como vivida, cando en realidade apenas interactuamos cunha simulación aínda non moi ben lograda. Veremos no futuro un turismo que se despraza aos lugares para “confirmar” o xa visto?

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará