Fellinijazz, unha deliciosa interpretación musical da filmografía de Fellini

Que ben a gusto soa pola casa adiante este disco, Fellinijazz, jazz clásico a cargo de Wheeler Kenny, Potter Chris e Pieranunzi Enrico. Trátanse de interpretacións musicais dos filmes de Fellini, así que se poden escoitar pezas moi suxestivas baseadas en Il Bidone, La Citta’Delle Donne, Amarcord, Cabiria’s Dream, La Strada e por suposto La Dolce Vita. Música marabillosa para acompañar lecturas, descansos ou limpezas de piso. Está no Spotify.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará