Localizan novas fortificacións en altura nos montes leoneses e zamoranos: unha comparación co Pindo


Localización e disposición dunha das fortalezas. Foto: Juio Vidal

Interesantísimo o artigo publicado por Julio Manuel Vidal Encinas, arqueólogo territorial da Junta de Castilla y León na revista Argutorio. Titúlase “Los roquedos fortificados en las sierras del Teleno y Cabrera” e acaban de engadirnos diversidade, tipoloxías e misterio ás grandes fortificacións en altura que temos no Noroeste peninsular. Julio publica seis espectaculares sitios arqueolóxicos localizados en alturas impresionantes das serras da fronteira entre as provincias de León e Zamora e, xa que logo, non moi distantes de Galicia [consultar artigo completo]. A súa definición é esta:

Todas ellas tienen en común, casi siempre de forma invariable, su emplazamiento a gran altitud –la media de su altura absoluta es de unos 1.375 m–, aprovechando los afloramientos rocosos para trazar, de forma generalmente perpendicular a ellos, poderosos muros de piedra en seco, de anchura próxima a los 2-3 m, en algunos casos seguramente mayor, como fácilmente puede deducirse por el gran volumen que ocupan sus derrumbes. Tales murallas compartimentan los afloramientos, a veces a todo lo largo de su extensión, y, en algunos casos, las zonas más elevadas las convierten en verdaderos reductos o acrópolis.

As fortificacións localizadas están todas nunha área relativamente próxima dentro das mesmas serras, como se pode ver nesta representación de Google Earth:

Estamos falando, polo tanto, de fortificacións de grandes áreas en altura, sen construcións interiores apreciables (agás no caso dun pequeno complexo monástico medieval, Los Conventos). En canto á cronoloxía, Vidal Encinas amósase, como é obvio, prudente ante a ausencia de cultura material apreciable:

A falta de evidencias arqueológicas directas se impone la prudencia, ya que es muy difícil, creemos, atribuir una edad determinada a estos roquedos fortificados, hasta que no se lleven a cabo prospecciones arqueológicas sistemáticas, incluso en el subsuelo superficial, y, por supuesto, excavaciones.

Sen embargo, Vidal Encinas cre necesario apuntar a proximidade formal destes sitios cun sitio arqueolóxico bastante peculiar:

Estas fortificaciones a base de cordones de piedra en seco, tanto en sus características puramente constructivas, como en su implantación topográfica presentan grandes analogías con un sitio tenido por señero a la hora de describir un posible escenario del Bellum Asturicum, el Castro de Las Labradas-Marrón, en Arrabalde (Zamora), el paradigma, para algunos, del esfuerzo que supuso la resistencia contra las legiones romanas, expresado, entre otros indicios, por los atesoramientos como expresión de la dramática inestabilidad creada por aquéllas y, sobre todo, por las dimensiones y poder de sus fortificaciones, que superarían con creces los dos kilómetros de longitud.


Castro de Las Labradas

Efectivamente, considérase que Las Labradas foi un dos últimos escenarios dos combates entre romanos e astures, un lugar último de refuxio e resistencia para as poboacións da área. Para Vidal Encina, unha posibilidade é que estas impresionantes fortificacións nazan no contexto do Bellum Asturicum.

A lectura do artigo fíxome lembrar fortificacións similares coma o Pindo ou a Torre dos Mouros, ou máis próximas a esta área, coma o Castelo de Cerveira (aínda que este é un caso algo distinto, xa que ten numerosas habitacións internas). E lembrei que aínda non publicara no blog a topografía da muralla de Pindo Central, a impresionante fortificación que coroa o Pindo. O plano sinala en negro os lenzos de muralla seguros e en vermello os que, ao meu xuízo, son dubidosos. Sospeitamos que fáltannos alomenos dous tramos por marcar porque as condicións de acceso eran moi difíciles. Pero a disposición en plano dos lenzos deita moita luz sobre o propósito da muralla:

O que vemos é como acouta unha impresionante cuncha natural, que é a formación ubicada na zona máis alta do complexo montañoso do Pindo, aos pés da Moa. A zona máis habitable e usable do espazo do monte. A disposición dos elementos, como vedes, ademáis, responde a unha poliorcética defensiva. Non só se acoutan as diaclasas do monte, senón que son reforzadas en determinadas áreas (no norte, con doble muralla, no acceso principal con triple muralla e baluarte). O LIDAR permítenos ver a configuración natural da zona acoutada pola muralla de Pindo central:

Míreno, é unha incrible fortaleza natural!

Sen embargo, en canto á cronoloxía, aínda que a hipótese do Ferro, dunha consecuencia dunha presión bélica romana sobre o territorio sería tan poética como suxestiva, á luz das evidencias no caso do Pindo non está nada claro. En varios dos lenzos norte localizamos con facilidade as canteiras, e tanto estas como os paramentos da muralla non parecen tanto castrexos como posteriores, nun “posteriores” tan aberto como ambiguo…

Malia iso, non deixa de ser fascinante a existencia de todos estes recintos, destes “gardiáns do céo”, como os chamaron fermosamente nun xornal leonés, aínda misteriosos, aínda ingobernables, nas alturas dos montes do noroeste da península.

4 Comments

  1. Pablo
    2 / Abril/ 2014

    Bonitos gráficos, y un tema muy interesante.

  2. Elixio Vieites
    2 / Abril/ 2014

    Non sendo a mesma cousa, eu lera este traballo sobre o “Cotero del Medio” na Sierra do Escudo en Cantabria no que se aventura outro tipo de defensa lineais feitas para cortar o paso entre montañas, datadas segundo Eduardo Peralta nos séculos VI. VII

    http://mauranus.blogspot.com.es/2012/04/cotero-del-medio-una-defensa-lineal-de.html

    …Dise na páxina : ..”Aunque en un principio fueron interpretados como parte del dispositivo militar romano de avance hacia la costa en el año 25 a. de C., su peculiar morfología (lejos de la típica en la castramentación legionaria) y su orientación hacia el sur llevaron a considerarlos más tarde como posibles defensas indígenas levantadas frente a ese mismo avance. Sin embargo, el descubrimiento de otras dos defensas lineales muy similares en Asturias (las del Homón de Faro y El Muro, en las vías de montaña de La Carisa y La Mesa, respectivamente), fechadas, grosso modo, entre mediados del siglo VII y mediados del VIII d. de C., permitiría adelantar su cronología a los inicios de la Edad Media” . Pero cantabria parece outro mundo neste tipo de cousas

  3. Antón Malde
    2 / Abril/ 2014

    Estupenda planimetría. No Pindo repítese o esquema de Torre dos Mouros coa disposición de lenzos murais obturando aberturas naturais. Moito traballo para simples tarefas de estabulación de gado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará