Sinal, a gañadora da World Press Photo 2014

Impresionante a foto gañadora do World Press Photo 2014, a cargo do fotógrafo John Stanmeyer. Chámase Sinal e esta é a explicación do que estás a ver:

Emigrantes africanos na costa da cidade de Djibouti, pola noite, levantando os seus teléfonos na tentativa de capturar un sinal barato da veciña Somalia que permita comunicarse cos seus parentes. Djibouti é un punto de parada para os emigrantes en tránsito de países como Somalia, Etiopía e Eritrea, buscando unha vida mellor en Europa e no Oriente Medio.

2 Comments

  1. presamarko
    15 / Febreiro/ 2014

    A foto é parte dun proxecto chamado Out of Eden, un percorrido a pé de 7 anos, desde Etiopía ata Tierra del Fuego. Apareceu no National Geographic en inglés de decembro de 2013

  2. 15 / Febreiro/ 2014

    Grazas, Presamarko!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará