As gravacións máis antigas do galego cantado


Eladio Chao (á dereita) na súa etapa de director artístico do Teatro Real de Madrid. Foto: ABC

Hoxe quería comezar a semana con algo moi fermoso. Unha das primeiras gravacións de galego cantado, que se realizou noutra das “capitais” do noso país, Nova York, o 2 de xullo de 1906 por un barítono de Ribadavia chamado Eladio A. Chao.

A fermosa peza chámase Meus Amores e é unha comparanza saudosa entre o amor á Patria e á muller querida. E non se perdan, porque a outra gravación de Chao na Biblioteca do Congreso é un canto hindú!.

A primeira gravación cantada en galego, con todo, é o disco da formación Aires da Terra, aínda máis atrás, de 1904, no que o grupo coral pontevedrés liderado polo farmacéutico Perfecto Feijóo, que coa súa constitución supuxo un auténtico choque cultural contra o desarraigo das clases altas en relación á cultura de noso. Pódese escoitar completo no Spotify e tamén é unha xoia.

Grazas a Afonso V. Monxardín e a José Aldea por estes apuntamentos audioeruditos!

2 Comments

  1. ruben
    16 / Decembro/ 2013

    coñecía a de aires da terra, pero non esta de Nova York, qué chulada, graciñas!!

  2. 16 / Decembro/ 2013

    Caro: só para acrescentar, o tema é Dous amores, embora também aparece como Meus amores, texto de Salvador Golpe e música de Baldomir. Parabéns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará