Nova ferramenta de patrimoniogalego.net: códigos QR adhesivos para etiquetar o teu mundo

A través deste vídeo de estudo de caso que realicei coa xente da Gentalha do Pichel contamos unha nova característica de patrimoniogalego.net. Cada ficha (por exemplo, as Salinas de Larache publicadas por Óscar Franco) inclúe debaixo do nome un código QR. Só hai que clickar no icono para que se xenere un PDF imprimible que, pegado nalgures nas proximidades do ben cultural, permitirá a calquera persoa a súa consulta exhaustiva a través de smartphone e a súa comunicación co noso servidor. A nova aplicación ofrece moitísimas posibilidades para chamar a atención sobre o estado do noos patrimonio cultural.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará