4000 bens culturais catalogados en patrimoniogalego.net


Tendencia de creación de bens en patrimoniogalego.net

Da nosa nota de prensa:

A área arqueolóxica das Burgas, en Ourense, representa a ficha 4.000 de patrimoniogalego.net, o maior catálogo social en liña do patrimonio de Galicia. O seu autor é Xosé Troiano, un dos trescentos catalogadores que participan no proxecto. A cifra acadouse dous anos despois de botar a andar este espazo virtual cuxo fin último é outro que a preservación dos bens culturais galegos a través do seu mellor coñecemento colectivo.

O cada vez máis rápido avance na catalogación dos nosos bens culturais está a ser posible grazas ao esforzo desinteresado dun cada vez maior número de participantes. Ao contrario do que ocorre cos inventarios oficiais, patrimoniogalego.net permítelle á cidadanía poder involucrarse activamente na catalogación dos monumentos do país, polo que día tras día vanse abranguindo maiores áreas do noso territorio conforme se van sumando novos catalagodores. Algo que resulta de importancia capital, dada a inxente cantidade de bens culturais distribuidos por toda a xeografía galega, a maior parte dos cales pendentes aínda de seren catalogados.

One Comment

  1. Antón Malde
    20 / Xuño/ 2013

    Parabéns por esta iniciativa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará