

A ligazón aquí. Para os amantes de pasar horas en Google Books ou nas coleccións dixitais de Galiciana ou as Bibliotecas Nacionais francesas ten ademáis, moita coña.


A ligazón aquí. Para os amantes de pasar horas en Google Books ou nas coleccións dixitais de Galiciana ou as Bibliotecas Nacionais francesas ten ademáis, moita coña.
Parabéns pola nova, moi interesante dispoñer desta tipografía nas nosas computadoras.
A propósito do bispo John Fell, como xa sabes son especialista en grimorios e particularmente no Libro de San Cipriano e na figura de San Cipriano de Antioquía, o Santo Mago por excelencia da tradición católica, e hai un tema moi curioso e menos coñecido relacionado co bispo británico John Fell.
En Escandinavia existe tamén a tradición dos libros máxicos ou grimorios atribuidos a San Cipriano, escritos arredor do s. XVII , XVIII e XIX, que alí chaman Sybrianus ou Cyprianus, e polo xeral coñecidos como svarteboka (libros negros). Moitas veces estaban nas mans de labregos e tamén dicían que dos sacerdotes, igual que na nosa tradición.
Alí teñen a sorte de conservar en bibliotecas, museos e coleccións particulares arredor dun cento deles, coido que por unha banda seguramente polas condicións climatolóxicas distintas da nosa, e tamén porque alí non foron perseguidos pola Inquisición e as institucións católicas imperantes.
Os publicados no s. XIX e XX son sobre todo dicionarios de soños. Eu teño media ducia deles, do s. XIX ata 1953.
Curiosamente algún destes Cyprianus, como os Black Books of Elverum , están atribuidos no seu título ao Bispo de Londres John Sell, co ano 1667, referíndose realmente ao citado Bispo británico John Fell. Esta atribución é evidentemente un xeito de darlle prestixio e validez ao texto.
É certo que John Fell escribiu un tratado titulado Cyprianus, pero non é un libro de maxia senón unha recopilación comentada das obras de San Cipriano, o Bispo de Cartago, co que é de cotío confundido San Cipriano de Antioquía.
Teño na colección un exemplar da dita obra “Cypriani, Opera Recognita & Illustrata Joanne Fello” publicado en Amsterdam no 1700, de gran tamaño e con máis de catrocentas páxinas.
O meu exemplar é coma este
http://www.europeana.eu/portal/record/9200110/2D538E23A6C54C72B396AF22B82887419B599A79.html
Apertas,
Félix Castro