Volve o Herdeiros pola Forza Tour: novas datas para xaneiro, febreiro e marzo!

Last updated on 23 / Xaneiro/ 2013

Mira que nos gustan as presentacións de Herdeiros pola forza por todo o país! Entre finais de xaneiro e marzo moitos amigos convidáronnos a facer presentacións en diferentes localidades galegas. Alí estaremos compartindo conversa ao redor do noso patrimonio cultural. Ides ver que nalgunhas presentacións aínda están pendentes de avisarnos do local no que se celebrará, pero iremos avisando conforme vaian chegando as datas.

A Coruña. 31 de xaneiro ás 19.30h. Local da AAVV de Atochas Montealto. Organizan: Libraría Sisargas + Amigos do Arqueolóxico + Proxecto Cárcere. Presenta: Xurxo Souto.
Rianxo. 8 de febreiro, ás 20:00. CEIP de Taragoña.
Marín. 15 de febreiro. 20:00 h. Biblioteca municipal “Vidal Pazos”. Organizan: A.C. Queremos Galego Marín + Grupo Cultural Ronsel.
Arteixo. 21 de febreiro. Localización por confirmar. Asociación Monte da Estrela.
Santiago de Compostela (A Rocha Vella). 23 de febreiro. Local social da Asociación de Veciños da Rocha. 11:30 presentación + visita guiada ao castelo da Rocha Vella a cargo de Xosé Manuel Sánchez, doutor en Historia. (data por confirmar).
Lugo. 28 de febreiro. Museo da Historia. ADEGA + Lugo Patrimonio. (hora por confirmar)
Agolada. 15 de marzo. Presentación + Roteiro arqueolóxico na Casa da Terra. ADEGA. (hora por confirmar).

Como vedes, é unha axenda bastante ampla. Lembramos que organizamos os eventos en colaboración con entidades locais (asociacións, librarías, grupos culturais, etc.). Se queres que fagamos unha presentación na tua área, non tes máis que avisarnos. Por exemplo, a magago@gmail.com.

4 Comments

  1. Nemigo
    22 / Xaneiro/ 2013

    o bo que teñen eses lugares e asociacións é que son sitios onde a xente se preocupa polo patrimonio. Non é como facer a presentación na FNAC ou en el corte inglés

  2. 22 / Xaneiro/ 2013

    Apúntome á de Marín, a ver onde a facedes. :-)

  3. Mouriño
    22 / Xaneiro/ 2013

    Agardo que haxa sitio en Motealto para entrármonos todos, non se pode faltar.

  4. Davide Marín
    28 / Xaneiro/ 2013

    F.Padín esperamos a túa presenza cando sexa en Marín, pero a data do 15 de febreiro imos ter que cambiala, houbo un contratempo, entre hoxe e mañán a ver se acordamos nova data

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará