Atención: presentacións da BD da Torre dos Mouros e aviso importante para os voluntarios do proxecto

Last updated on 5 / Decembro/ 2012

Pois finalmente xa temos a BD da Torre dos Mouros! Imos presentala en varios puntos de Galicia, acompañándoa con pequenas charlas sobre a Torre dos Mouros e o proxecto. Toma nota:

Carnota
30 de novembro. 19.30 horas. Salón de Actos do Concello.
Preséntanse os resultados da campaña 2012 da Torre dos Mouros e, como gran colofón, a banda deseñada de Manel Cráneo! Todos os veciños e interesados están convidados a asistir!
Previamente, pola mañá, presentarase o proxecto e o cómic aos rapaces e rapazas do IES Lamas de Castelo (Carnota), abrindo tamén o proxecto á súa participación. A Torre tamén é vosa!

Santiago de Compostela
13 de decembro. 18:30 h. Biblioteca Ánxel Casal
Presentación da BD da Torre dos Mouros.

A Coruña
14 de decembro. 20:00 h. Pub Dublín
Barferencia “A Torre dos Mouros”, presentación da BD e…inauguración da exposición de orixinais do cómic.

IMPORTANTE:

Os voluntarios do proxecto Torre dos Mouros na súa campaña 2012, que fixeron traballos de campo na Torre dos Mouros, recibirán de balde un exemplar personalizado e especialmente dedicado por Manel Cráneo da bd da Torre dos Mouros. Queremos agradecervos o voso entusiasta e ilusionado labor con este pequeno detalle.

Para poder recibir o voso exemplar personalizado, é obrigatorio que enchades este formulario para que Manel poida facer as dedicatorias con tempo. Como sabemos que moitos preferides que volo dediquen a unha persoa especial, preparamos este sistema para axilizar o proceso. Tedes de prazo ata o XOVES 29 DE NOVEMBRO para encher o formulario.

Accede ao formulario.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará