Last updated on 29 / Maio/ 2012

Como digo, as presentacións de Herdeiros pola Forza son unha fonte magnífica de conversas, de información por veces ben chamativa. Na presentación do outro día en Ribeira produciuse un cruce de conversas ben interesantes sobre a desaparición da tradición oral e da memoria. E de súpeto aparece un destes momentos luminosos. Se o habitual nestes diálogos é invocar a teoría de que os seres máxicos da tradición desapareceron coa luz eléctrica, aquí a explicación que lle deu Susa de Blas, a nai de Olegario, a Santi foi distinta.
-Susa, e logo por que desapareceron os trasnos? -preguntoulle Santi.
-Meu fillo, porque a terra medrou.
A terra medrou. Interpréteno vostedes.

Ay Dios,,,alguen que da esa resposta debe ser moi sabia, e ter unha filosofía de vida digna de envexa. Teño a teoría de que non necesariamente todos os sabios pasaron pola universidade. Estou desexando ler o voso libro, debe ser todo un exito, do cal me alegro moito, teñoo encargado dende que estivechedes en Ferrol, e polo visto aínda sigue esgotado, a ver si sae pronto a próxima edición. Un bico.
É curioso, porque hai moito tempo que o vello Vitorino, vello xa nos primeiros anos 70, dixera unha vez que “os mundos acábanse ( acabar era a palabra común da xente pra dicir )porque este mundo inzou”
Neso andamos.
Quero dicir, e non o quixo o mundo informático, que era a palabra pra dicir ” estar a morrer”
saw the two as they got closer and closer together. In utterfear,she ran toward the water,yelling to her son as loudly as she could.