Empanada de tortilla na Voltiña de Mondoñedo

A Voltiña é un bar na estrada de Mondoñedo a Lourenzá, famoso pola súa empanada de tortilla e a súa repostería caseira, inusual nun país no que -agás algúns gloriosos exemplos-, os almorzos son a base de Dulcesol e Codan. Foi Miguel Vila quen nos indicou que aquel lugar era unha parada gastronómica curiosa camiño da Mariña. Alí, na Voltiña, nunha parede, hai unha foto do patrón do bar en 1955, bailando desenfadado como centro dun trío musical, coas cruces dun camposanto ao fondo, e unha divertida familia coa que compensa intercambiar unha parrafada de nivel esquisitamente mindoniense-cunqueiriano. E, na barra do bar, hai exquisiciteces rotundas e directas á cadeira, como unha sorte de brazo de xitano de zorza ou isto que vedes, unha empanada de tortilla, que sen dúbida é a empanada máis rara que teño probado ao longo e ancho deste país.

5 Comments

  1. Pablo Santiago
    28 / Maio/ 2012

    Oh,oh, oh, palabras maiores! E non probastes os doces de cabelo de anxo que fan coas cabazas da horta? Delicatessen! Eu entrevisteinos cando tiña unha sección gastronómica no Progreso (si, todos temos un escuro pasado, jajaja) e vamos, é unha referencia na zona. Acabo de compartirllo a Chus (a xefa, que ten o pelo teñido de azul como Lucía Bosé e coa que cadrei o outro día logo de anos sen vernos).

  2. 28 / Maio/ 2012

    Moitas grazas pola parte que me toca…
    A verdade é que o pracer foi o meu por atendervos ter unha charliña con vós, mentras comprobábades que era certo…que se podía facer empanada ata de tortilla con chourizo!!!

    Grazas tamén a Pablo Santiago por compartirme este enlace no meu Facebook.

    Un saúdo para vós e espero ter ocasión de vervos de novo para que poidades probar a parte dulce da Votiña.

  3. isaac
    1 / Xuño/ 2012

    Sempre se falou que se poden facer tortillas ou empanadas de calquera cousa, pero..empanada de tortilla..!! Mentalmente estou intentando tomarlle o sabor.

  4. Diego
    1 / Novembro/ 2012

    Na miña casa sempre se conta que o meu bisavó falaba maravillas da empanada de patacas fritas que facía a súa nai. Un día probamos a facela, cuns pementos da horta, e está boísima!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará