Herdeiros pola Forza Tour: comeza a xira de presentación do libro

Last updated on 27 / Abril/ 2012

Pois esta semana comeza a xira de presentación do noso libro Herdeiros pola Forza. En colaboración con numerosas asociacións culturais de defensa do patrimonio do país, queremos presentar por toda Galicia este ensaio-acción e promover o diálogo, o debate e a conversa ao redor do xeito de xestionar, preservar e promover o enorme legado cultural deste país cara o futuro. Como veredes, moitas das presentacións terán detalles especiais.

Sábado, 28 de abril. Foz. Ás 19:00. Casa da Cultura
Organizada polas Asociacións Pomba do Arco e Mariña Patrimonio, esta presentación virá precedida dunha acción moi especial. Ás 16.00 h., na praza do porto de Foz podedes sumarvos a unha excursión que nos levará por varios castros marítimos e xacementos arqueolóxicos de Foz en autobús. Poden consultar máis información aquí.

Domingo, 4 de maio. Santiago de Compostela. Feira do Libro.
Coa hora aínda por concretar, presentaremos o libro na Feira do Libro de Compostela.

Xoves, 10 de maio. Ferrol. Ás 20:00 h. Organizada pola Fundaçom Artabria.

Xoves, 24 de maio. Ribeira. Ás 19.30 h. Organizada polo Ateneo Valle-Inclán.

Xoves, 21 de xuño. Pontevedra. Lugar por concretar.

Xoves, 28 de xuño. Lalín. Ás 20.30 h. Casino de Lalín. Organizada pola Asociación O Naranxo e Asociación Ecoloxista Vilau Garrido.

Hai máis localidades pendentes. Iremos actualizando a lista de presentacións cando vaiamos confirmando!

2 Comments

  1. 25 / Abril/ 2012

    Ide pensando numha apresentaçom por terras bascas ;-)

  2. 25 / Abril/ 2012

    Se hai que facer o esforzo faise. ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *