Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

#forumsantiago: O corazón do río

29 / Febreiro/ 2012 Un comentario

Durante o Fórum Gastronómico de Santiago tiven a oportunidade de presentar e moderar varios obradoiros e diálogos. A un dos que lle tiña máis gañas, sen dúbida ningunha, era ao do Restaurante Silabario, de Tui. Como comentei na presentación, en Galicia tendemos a enxalzar e facer moi visible o excelente peixe mariño, e así se ten feito en todas as edicións do Fórum, pero desta volta, o asunto era moi especial. Se a gastronomía galega coñécese internacionalmente polo produto mariño, o peixe dos nosos ríos é, sen dúbida, o produto máis literario, máis incardinado na cultura literaria do país. Ben sexa porque os nosos máis notables escritores gastronómicos fosen de terra adentro, ben porque o río, en si mesmo, esperte evocacións literarias, hai páxinas e páxinas, fermosos textos, dedicados a salmóns, lampreas ou troitas.

O obradoiro de Alberto González e Raquel Alonso estivo cheo de identidade local de Tui, de proximidade máxima, de gastronomía de fronteira e da confluencia entre os sabores coñecidos e as innovacións técnicas e as reminiscencias orientales. Marinados pouco agresivos, harmonía na composición. O uso de mazás, de pak choi…O máis fascinante para min e para o público é este magnífico documento audiovisual que vedes ao principio do post. A técnica, cada vez máis en desuso, do curado da lamprea. Alberto visitou un obraroido portugués no que aínda se traballa esta técnica, na que as lampreas fican abertas e dilatadas con caniveiras, co sangue sen quitar, formando costra sobre a carne. Non se perdan o sonidiño do corte lonxitudinal do corpo do animal…

Alberto e Raquel están facendo algo do que mellor se pode facer na vida: crear espazos. Eles están facendo iso en Tui: construír un espazo novo para a gastronomía desde un lugar case virxe para a gastronomía contemporánea: O Baixo Miño, o río, o norte de Portugal, o Rosal, o Condado…Veremos a esta xente chegar moi lonxe, estou convencido. De principio, o pasado martes, fixéronnos chegar moi preto.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.