Os asasinos do Emperador: 1200 espectaculares páxinas

É difícil non quitarse a este hombre de apariencia un pouco gris e vestir discreto, Santiago Posteguillo. Este profesor da Universidade Jaume I ten unha arte literaria de extraordinaria altura. Acabo de rematar Los asesinos del emperador, o primeiro volume da súa nova triloxía dedicada ao ascenso ao poder de Traiano, o emperador de orixe hispana que endereitou o curso dunha roma que a finais do século I d.C., embriagada de poder, de gloria pero sobre todo de riqueza, estaba envolta na deriva tola do emperador Domiciano.
Este libraco de 1.200 páxinas -si, repito, 1.200 páxinas- lese con rapidez e lixeireza. Un só lamenta que non o houbera en electrónico para evitar converter a cama nunha sorte de nova máquina ximnástica para facer musculación pectoral. A novela de Posteguillo, que comeza polo final e que relata o final da Dinastía Flavia, cos válidos emperadores Vespasiano, o seu fillo Tito ata a corrupción moral de Domiciano -eixo da novela- é un magnífico exemplo das posibilidades do equilibrio entre Historia e ficción. Posteguillo disfruta encaixando feitos verídicos co seu desenvolvemento previo e posterior. A xeito dalgúns novelistas do XIX, non lle importa traernos cara o presente nas notas ao pé para discutir sobre traducións e interpretacións de texto -tampouco moito, só cando o considera preciso- pero tamén disfruta co magnífico efecto sorpresa que sempre pode ter a realidade, como cando Domiciano ordena a un dos seus tribunos combatir contra un león no circo. Trala escena, que un consideraría de ficción, Posteguillo rise no seu despacho, e inclúe a cita histórica que o corrobora.
O escritor escrupuloso co pasado non renuncia á literatura popular que xa forman parte dos greatest hits do Imperio Romano desde os románticos ingleses: as súas vísceras, o seu sexo incestuoso, os seus cristianos enviados aos leóns, os seus envenenamentos e mesmo a benevolente perspectiva sobre estas primeiras comunidades cristianas. Tampouco renuncia ao noso tempo, e o tratamento da homosexualidade de Traiano é impecable, ao meu ver.
Estas 1.200 páxinas podían ter sido un motivo para non volver a lerlle algo máis a un escritor que se atreve a castigarnos con tal peso, pero neste caso, o que un sinte é, máis ben, a consecución dun premio. Magnífico este Los Asesinos del Emperador.
















Eu xa me papei a triloxía de Escipión e cando me enterei desta nova foi sen tempo ir a mercalo. Metín no vicio a compañeiros do choio e últimamente a un colega alemán que tiña gañas de ler algunha novela histórica en castelán, e o que conseguín foi enemistarme cas respectivas parellas dos que llo aconsellei no senso de que a lectura é excesivamente absorvente. Unha delas me dixo, fuches tí o de Posteguillo non?? pois moitas gracias oH!!, eternamente «agradecida», jeje.
Manolo, coincidimos plenamente. Me lo devoré en un fin de semana. Soy un gran aficionado a la Roma clásica. Está bien escrito, sin grandes alardes narrativos pero muy efectivo en su planteamiento. Una novela histórica excelente, si duda.
Exactamente. Non é un Robert Graves, pero sen dúbida, para min, Posteguillo é dos mellores novelistas sobre Roma clásica que temos neste momento.