Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Preparando o Fórum’12: Ciencia e cociña en Compostela

17 / Febreiro/ 2012 Sen comentarios

Xa estamos a nada do inicio do Fórum Gastronómico de Santiago e os colaboradores andamos a mil. Estamos ultimando xa os preparativos para dúas actividades moi especiais que se prepararán o domingo 26. Trátase de dous obradoiros do ciclo Science&Cook, que promoveu a Universidade de Vigo nos seus campus e que agora chegan a Santiago, reunindo en charlas didácticas e interactivas a científicos universitarios e cociñeiros que revelan técnicas de avangarda e os procesos químicos, físicos e tecnolóxicos que desembocan nos sabores, nas texturas e nas técnicas culinarias. O domingo teremos dous Science&Cook moi chulos.

Bea Sotelo (A Estación, Cambre), Marta Domínguez (Universidade de Vigo) e Susana Álvarez (Universidade de Vigo)
Science & Cook. Frío por fóra, cremoso por dentro: aplicación do nitróxeno líquido na cociña.
A vital Bea Sotelo vai meterse co nitróxeno ata a cociña para coñecer as enormes capacidades deste gas entre os fogóns.

Concepción Pérez (Universidade de Vigo) e Gonzalo Rei (El Mercadito, Santiago)
Tomatomorfose: técnicas e estados ao redor dunha froita
Acabo de chegar de ver o que ten pensado Gonzalo Rei e é alucinante: unha viaxe de 360º ao redor dun humilde froito, o tomate. E asegúrolles que paga a pena.

Podes consultar horas no web oficial do Fórum. A cita, este domingo 26 de febreiro en Compostela.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.