Fusión Morganti


Fotos: Sole

“Nin son de aquí nin son de alá”, díxome unha vez, algo fatalista, Flavio Morganti. Eu creo que está trabucado. Flavio Morganti, no seu restaurante Galileo de Pereiro de Aguiar, segue a ser moi do seu alí (norte de Italia, lago de Como) pero cada vez máis de aquí. Implicado en cincuenta historias diferentes que teñen que ver coa gastronomía, empeñado en conectar persoas e accións entre si, a Morganti non se lle ve moito nos saraos gastronómicos pero si na sociedade que vive e rodea a gastronomía. Desde a recuperación de razas de vacuno autóctono ata as cociñeiras do rural, pasando polo uso sustentable da enerxía para cociñar ou inventando cacharros gastronómicos para público final.

Entrementres, claro que é moi de aquí. Pero iso é o fantástico. Flavio Morganti presenta unha carta na que traslada sabores, texturas e aromas do lago de Como a Galicia e viceversa. O resultado é unha cociña que, cada vez, paréceme estar máis fusionada entre si, na que os dous territorios, que el ama, únense de xeito vitalista e cunha habilidade e gusto de presentación máis que notable. Cocido, fabas de Lourenza, variedades lombardas de pasta…

Unha auténtica delicia, unha xoia da Galicia interior.

2 Comments

  1. 16 / Febreiro/ 2012

    Unha xoia para Ourense. A distancia einda o fai desexar con mais intensidade. A última vez que estiven alí notei certa desatención co viño, todo o demais e de once.

  2. 16 / Febreiro/ 2012

    Por certo que no feira gastronómica de Xantar, fíxose membro da filegresía francesa do bo comer, Chaine des Rotisseurs, xunco ca dona da Casa Rural A aira da Petada, de A Veiga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará