Os de Axena están que non paran, como sempre. Pero este vídeo é unha auténtica marabilla. Detense nas estratexias de camuflaxe dese fermoso paxariño que é a dormitona. Se vedes o vídeo elaborado por Xurxo Gago, Vicente Gimeno e Domingo Sabater decatarédesvos de por que en galego o Caprimulgus europaeus ten tan bonito nome. No post de Axena tedes máis información e preciosas fotos.
Noraboa a AXENA polo fermoso e didáctico traballo, acaba de facerme lembrar uns “cantos sustos” por case pisar algunha.
Estupendo video. Os nenos urbanitas e non tan nenos, agradeceran-no.