Patrimonio fará un informe “de maneira inminente” sobre a sauna de Castañoso

A noticia, moi boa noticia, pódese ler completa aquí. Parabéns á Dirección Xeral de Patrimonio por responder tan rápido. Agora agardemos que, tras este primeiro paso administrativo, Cultura faga o máis difícil: poña en marcha os mecanismos para protexer o edificio antes de que caia. Non somos técnicos, pero o diagnóstico é doado de recoñecer cando estás alí. Como tiren ese muro da curripa alá vai a bóveda abaixo.

2 Comments

  1. Nemigo
    14 / Decembro/ 2011

    as cousas de palacio van despacio e as da san caetano… non van a ningures

  2. 14 / Decembro/ 2011

    Por agora esta vai rápido. E confiemos en que se poida atopar unha solución de urxencia. Sería lamentable que se fora abaixo este monumento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará