Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario

22 de decembro: as rúas de Galicia homenaxean a Cunqueiro

11 / Decembro/ 2011 3 comentarios

O 22 de decembro de 1911 nace en Mondoñedo (Lugo) Álvaro Cunqueiro.

O próximo 22 de decembro cumpriranse 100 anos do nacemento do xenial escritor e por iso un grupo de afeccionados á obra de Cunqueiro que compartimos con el o amor polo viño e a gastronomía imos renderlle homenaxe ao autor con actividades gastro-eno-literarias nas cidades e vilas de Galicia e de calquera outro lugar do mundo no que haxa amantes da literatura de Cunqueiro. Ata o momento, estamos organizando actividades en Santiago de Compostela e na Coruña, pero estamos abertos a que grupos de afeccionados a Cunqueiro se sumen con actividades noutras localidades. Se queredes organizar actividades cunqueirianas na vosa localidade, pregariamos que nolo contedes a soledadfelloza[arroba]gmail.com ou info[arroba]colineta.com (por favor, escribe so a un, non aos dous) para así difundilo nesta páxina.

Por que?
As tabernas son espazos esenciais na vida e na obra de Cunqueiro, son lugares que transitaron pola súa imaxinación pero tamén polos seus traballos como escritor; numerosos textos xornalísticos e literarios de Cunqueiro mencionan as tabernas como espazo de convivencia, de compartir historias. Cunqueiro mesmo chegou a anunciar a redacción de dous proxectos literarios ao redor das tabernas. Desde unha Historia das Tabernas de Galicia, da que chegou a escribir un texto introdutorio e cinco capítulos en 1946 ou o anuncio da novela La taberna de Galiana, situada «na metade de calquera camiño», e que nunca publicou.

En que consiste?

En Santiago de Compostela:
Ao longo do roteiro realizaremos algunha parada nas tascas emblemáticas da localidade onde cada un pagará o seu. En cada sitio, lembraremos a figura de Cunqueiro e a súa obra con lecturas de fragmentos dos seus traballos literarios e xornalísticos referidos ao lugar no que nos atopemos en cada momento ou que nos resulten especialmente evocadores ou queridos na súa obra. Tódolos asistentes que o desexen poderán participar nestas lecturas e incluso propoñer a súa propia selección de temas.

Agardamos unha noite espléndida. Pero tamén pode que chova. E os paraugas teñen unha presenza especial na obra de Cunqueiro, por iso propoñemos que tódolos participantes no roteiro leven paraugas que sirvan para lembrar os da obra cunqueiriana: quitasoles (sal el sol, de cor branca, e mirabilia, de cor amarela) e quitatebras (luceiro, de cor vermella). Leva o teu paraugas de cor, sexa cal sexa a situación climatolóxica.

Na Coruña:
Unha gran cata de viños galegos. Grazas á colaboración dos sumilleres Luis Paadín e a Luis Moya (Taberna Pil Pil) realizarase unha cata maxistral de varias DOs galegas guiada polos textos de Cunqueiro e acompañada por música en directo. Poderán participar aproximadamente unhas 25 persoas. Daremos máis datos nos vindeiros días.

Como participar?
A participación está aberta a todo aquel que o desexe e non ten ningún custe no caso de Compostela e estamos calculando os custes (que irán en función dos viños e algo de picar) no da Coruña. Co obxectivo de organizar da mellor maneira o roteiro é imprescindible que nos comuniques a túa intención de participar no mesmo por medio dun sinxelo correo electrónico.

En Compostela: Escribe a soledadfelloza[arroba]gmail.com ou info[arroba]colineta.com (por favor, escribe so a un, non aos dous).
Na Coruña: Escribe a manoelfoucellas[arroba]pantagruelsupongo.com.

Se queres organizar o roteiro do día 22 noutra vila ou cidade galega, lembra que non tes máis que avisarnos e nós difundirémolo.

Nota: Para ter actualizacións sobre datas, lugares (xa se están preparando máis localidades), prezos (naquelas actividades que teñan custe), visita o sitio oficial.

3 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.