Sanfins, o mosteiro perdido na frouma

Last updated on 8 / Novembro/ 2011


Fotos: Sole

O que hoxe vemos como selva, antes foi verxel, e antes foi monte, e antes foi xungla, e antes foi terra queimada e cultivada. As soedades dos monxes medievais non eran como nolas imaxinamos; o seu silencio estaba sempre acompasado pola auga, a xornada viña seguida polo repique das campás marcando os inflexibles tempos das reglas monásticas; hoxe sabémolo, tamén, cabo destes solitarios, desérticos, abandonados mosteiros pasaban, ás veces, no seu tempo, camiños importantes. Se cadra non os camiños reais, ou os camiños máis transitados, pero si os relevantes para aquelas comunidades monásticas.

A sensación no mosteiro de Sanfins [localización], de escuras orixes altomedievais no século VII, é a desta aparente contradición do sentimento: o abandono, a soedade, a distancia, o encontro cun mesmo; pero tamén a auga, a auga que surca canles, conducións aínda visibles, que converte estas fermosísimas ruínas de Valença do Minho nunha sorte de Xeneralife occidental e atlántico. A sombra dinámica e escorregadiza dos castiñeiros, os carballos, a enorme figueira cansa e derrubada, e sempre por atrás, o chorro, o fluxo dinámico. Por aquí, por estes carreiros acuáticos, pasaron os tempos todos.

As ruínas de Sanfins quedarán a uns quince ou vinte minutos da fronteira galega, adentrándose nas alturas do Monte do Faro portugués. Hai que subilas, remontando a néboa, deixándoa atrás, para entrarmos nas serras nas que se agocha esta fermosura bieita de Sanfins, xoia do románico galaicoportugués. Canda a igrexa, restaurada, de enigmático pórtico que lembra a artes de tempos moito máis antigos, acompáñanse unha das mellores coleccións de canzorros e capiteis que teño visto no románico do XII. Perdan tempo aí, vanse sorprender. Miren eses leóns. A partir de aí, as ruínas son un encantador complexo con casas, lagares, muíños, cociñas, capeliñas. Busquen entre estas paredes carricentas as pequenas capeliñas que os monxes tiñan nos seus aposentos, e que nos seus tempos deberon ter bieitos e virxes diminutas, alumeadas por unha candea. Busquen arquitecturas que aínda se sosteñen, aposentos do abade, descubran a fermosísima horta conventual, onde se cultivaban as prantas mediciñais. Non lla vou describir, pero van saber que é esa cando cheguen a ela.

Pérdanse neste lugar con tempo. A visita non é percorrer as ruínas, senón observar. Tentar comprender a complexa circulación da auga que baixa destes montes, ver os estudantes xesuítas percorrer estas estancias no XIX, imaxinar os rexos batolitos picados polos canteiros e instalados aquí.

Sanfins: aquí, baixo o soño das ruínas románticas, podemos chegar a falar, de algún xeito, cos homes do pasado.

Aquí está a localización.

Grazas a Mariña, da Viñoteca de García (Tui), que un día díxome: “Este sitio vaiche encantar”. E así foi.

22 Comments

  1. 2 / Novembro/ 2011

    Ola Manuel.
    A pequena porta do muro sur da igrexa, xa dende fai anos, cede con un pequeno empurrón. Non hai nada que roubar, está valeira. Pero e unha fermosura contemplar o seu románico interior.
    Saudos.

  2. 2 / Novembro/ 2011

    Vaia! Non reparei neste truco de visitante pero agradézocho ben para os amigos lectores que teñan curiosidade por coñecer tan fermoso lugar.

  3. alvarez
    2 / Novembro/ 2011

    Moi bo e completo arquivo fotografico. Nos levamos indo, ano si e ano tamen a ise lugar máxico e de cada vez atopamos algo novo. Como as fermosas ruinas do manancial perto do muiño ou a capeliña no alto que domina polo oeste as terras conventuales, que como non as vexo nas fotos,non sei se os díchedes atopado, e se non, xa tendes unha boa excusa para voltar.
    Saude

  4. 2 / Novembro/ 2011

    Non a vimos, non…haberá que voltar. :-)

  5. Andres
    3 / Novembro/ 2011

    Perfecto, ya tengo plan para los críos para el fin de semana, Gracias!!!

  6. 3 / Novembro/ 2011

    Es una delicia, ya verás!

  7. o escolante
    17 / Decembro/ 2011

    Reparaches nos gravados que hai nas bases das columnas do patio central? Aparece un cánido (podería ser un lobo) cunha estrela ou trisquel no lombo. Tamén un porco cunha inscrición. Todo isto atopámolo grazas a un paisano portugués curioso e atrevido coma nós, que tamén tiña retratado petróglifos nos arredores.

  8. 17 / Decembro/ 2011

    Pois non vin! Está claro que o lugar está cheo de detalles.

  9. amparitoyeye
    31 / Decembro/ 2011

    el agua aquidebia ser importante pues en la puerta principal aparecen simbolos de agua, de hecho hay agua por todas partes. Otra cosa interesante es la cabeza de toro encima del altar. Entrando por el camino hacia el monte hay un pequeño cementerio que se puede ver pero no debe tener relacion con el mosnasterio, hay un arbol muy viejo. Un asunto que no entiendo es que la iglesia como parte mas antigua data del siglo xii pero aqui ya habia un convento en el siglo vi ordenado construir por el gallego de Celanova san rosendo (no confundr con Roresndo el roquero)

  10. adolfitoyeye
    31 / Decembro/ 2011

    joder tio

  11. 30 / Xullo/ 2012

    Hola, Manuel.
    Fantástico percurso pelo mosteiro, adorei ler no teu blog depois de ter passado aí no fim de semana.
    Estava eu a procura de mais algumas referências para escrever o meu post sobre Sanfins Medieval (festa de convívio celebrada este fim de semana, 28 e 29 de Julho), quando encontrei o teu artigo de muito boa leitura e belas fotografias. Passo agora por aquí dizer-te que tomei a liberdade de recomendar o teu post no meu: http://www.portugalaope.com/2012/07/monaterio-de-sanfins-tierra-que-quedo.html

    Um abraço,
    Lele

  12. Santi Prego
    27 / Xaneiro/ 2013

    Onte fomos co pequeno (sete anos) a comer a O Conselheiro de Paredes de Coura e logo de excursión a San Fins. Quedámosche agradecidos, porque as dúas recomendacións as tomamos deste blog. Foi un sábado marabilloso e sensual.
    Obrigadinhos,
    Santi Prego e familia

  13. 27 / Xaneiro/ 2013

    Alégrome, Santi!

  14. pablo
    16 / Outubro/ 2013

    Sobre lo que dice “escolante” : “Reparaches nos gravados que hai nas bases das columnas do patio central? Aparece un cánido (podería ser un lobo) cunha estrela ou trisquel no lombo. Tamén un porco cunha inscrición. Todo isto atopámolo grazas a un paisano portugués curioso e atrevido coma nós, que tamén tiña retratado petróglifos nos arredores.”

    En la piedra del claustro que mencionas (solo se ven dos caras) que está claramente reutilizada de una construcción más antigua, no hay ni can nin porco. Son un Buey y un León ,simbolos de los evangelistas, faltan los otros dos animales simbolicos. Por cierto que encima del Buey aparece grabado toscamente “BOI” :-) . Esta piedra tiene toda la pinta de ser material de relleno, estando revocada y tapados los grabados,que son muy toscos y muy arcaicos.

    La piedra del tímpano de la fachada ,la que aparece con zigzags,circulos,etc es también una reutilización antigua.La piedra tiene forma de trapecio y no encaja en el arco donde se encuentra,hubo que rellenar. Y apostaría que los grabados y todo el tímpano, estaban tapados con revoco, sobre el que habría pinturas originalmente.

    Creencias paganas escondidas bajo una capa de cristianismo?? El lugar tiene todas las caracteristicas de templo de culto solar. Desde el cementerio se ve justo salir el sol en el sosticio de invierno en un ojo del horizonte.Lo mismo desde la capillita del monte.
    Pablo.

  15. Bruno Vilela
    27 / Xaneiro/ 2014

    Mui bom.
    Manuel, molava que figeras outro reportagem fotografica sobre o mosteiro de Bom Xesus de Trandeiras, ao carom da lagoa de Antela, também abandonado e dumha fermosura impresionante. Totalmente desconhecido para a maioria das galegas.

  16. Bruno Vilela
    27 / Xaneiro/ 2014

    Estas em todo meu!

  17. Anxo
    29 / Setembro/ 2015

    Que ledicia volver a espallar pegadas polos carreiros de San Fins, grazas a este feixe de verbas enfeitizadas e da acertada seleción de imaxes, tan belas que (estas si) fanlle boa xustiza a este lugar que rezuma misterio e melancolía… Ainda me lembro da primeira vez que me descubriron este fermoso anaco da historia, agochada entre a vexetación, camiñando o trilho dos mosteiros… a derradeira vez fun en coche ata alí, e non é o mesmo, recomendo a todo o mundo que, polo menos unha vez, entre a San Fins polo monte… paga a pena.

  18. 29 / Setembro/ 2015

    Grazas, Anxo. É certo que é un lugar ben fermoso, e a todos os lugares fermosos deberamos chegar andando. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará