Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Solicitan no Parlamento a creación do Centro Culinario de Galicia

6 / Outubro/ 2011 Un comentario

Xaquín Fernández Leiceaga, deputado do PsdG-PSOE, canda os deputados do mesmo Grupo Luís Toxo e María Concepción Burgo, veñen de presentar hoxe pola mañá unha iniciativa no Parlamento de Galicia para solicitar á Xunta a Creación do Centro Culinario de Galicia, que me remitiron posteriormente. Trátase dunha proposta inspirada na recente inauguración do Basque Culinary Center e, segundo o deputado, trátase de crear un Centro de referencia apoiado nas infraestruturas xa existentes, como o Centro Superior de Hostelería de Galicia (dependente da Secretaria Xeral de Turismo), co obxectivo de construír un espazo de referencia internacional para a formación e proxección da gastronomía galega. En palabras de Leiceaga:

Un exemplo recente é o Basque Culinary Center, no que colabora o mundo da alta cociña, a universidade e a empresa para por en marcha un complexo de educación, innovación e difusión da gastronomía, co apoio e a coordinación do goberno vasco.

¿Por qué non podemos en Galicia impulsar unha iniciativa similar? Contamos sen dúbida coas pezas precisas. Cos estudos universitarios en tecnoloxía dos alimentos, xestión no sector da restauración, saúde alimentaria e outros conexos. Con equipos de investigación punteiros en produtos do mar e da terra e da súa transformación. Co Centro superior de Hostelería de Galicia, que oferta formación de alto nivel de recoñecemento –por máis que precise a transformación en graos das actuais titulacións-; Cunha disposición de recursos alimentarios recoñecida internacionalmente. Cunha oferta gastronómica de altísimo nivel, en progresión indiscutible.

Falta tan só o pulo e coordinación das enerxías dispersas por parte dos poderes públicos galegos para podermos dar un paso máis. A este déficit responde esta iniciativa parlamentaria. Que quere abrir un camiño, sen prexulgar o resultado final. O Centro Culinario de Galicia terá que contar co sistema universitario, cos grupos de investigación máis potentes, cos estudos de cociña máis respectados, cos grandes cociñeiros que hoxe ten Galicia, coa asociacións máis dinámicas

Creo que é unha excelente iniciativa. Os que ledes habitualmente Capítulo Cero, sabedes que tento evitar entrar nas leas políticas e centrarme máis en iniciativas da sociedade civil: en Galicia o peso da Administración e a política moitas veces é excesivo e fagocita os outros impulsos. Pero creo que a proposta do deputado Leiceaga vai alén de ideoloxías: pode ser facilmente compartida por calquera persoa do mundo gastronómico porque é de sentido común. Non creo que se consigan sete millóns de euros. Tampouco creo que sexa decente nin convinte tentalo: a iniciativa galega debera centrarse máis no networking e no aproveitamento de sinerxias, pero tamén no deseño de liñas de traballo moi concretas e nunha aposta clara por un branding de extensión internacional.

Documentos da iniciativa

Descarga en PDF: Iniciativa parlamentaria e carta remitida polo deputado a asociacións e entidades.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.