Unha cociña victoriana agachada desde a II Guerra Mundial

Archie e Philippa Graham-Palmer estaban acometendo reformas no soto da súa casa cando comezaron a quitar trastos vellos dunha parede e apareceu algo incrible. Unha porta que estivera oculta detrás da cacharrada desde a II Guerra Mundial. Cando a abriron, alucinaron. Era unha auténtica cápsula do tempo. Aló, no interior, estaba unha auténtica cociña victoriana, con todo practicamente deixado polo lugar. A cociña fora construída no 1830 na área destinada aos serventes e mantida sen tocar durante máis de cen anos. Durante a guerra reocupouse como refuxio antiaéreo a cociña por estar no soto do caserón. «Mesmo atopamos un libro de cociña», dixo a parella, «a maior parte das receitas precisarían unha chea de cociñeiros».



A noticia está no Mail online, que non é a fonte máis crible do mundo, pero é o que hai. Aquí podes ampliar información. E a historia é tan preciosa que aquí a deixo contada.
Grazas, Xosé Salgado!
















[...] Una cocina victoriana escondida desde la segunda Guerra Mundial [GAL] http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/09/21/unha-cocina-… por crunha hace nada [...]
a mi por eso siempre las puertas me han parecido mágicas