Cando a empanada peta na túa porta

Detalle da empanada de bacallau e uvas pasas remitida.
A panadería Iglesias, unha empresa familiar do Morrazo, remíteme unha empanada de mostra, dentro das accións promocionais do seu novo sitio web, no que se poden adquirir en liña empanadas, doces e pan. A empanada que me chegou por mensaxeiro, de bacallau e uvas pasas, está ben; sírvese cunha presentación artesanal que presta cando procuras retornar a Galicia e aos seus sabores e pratos e o produto -bacallau- estaba servido con máis xenerosidade no habitual nas empanadas da ‘panadería’. O que máis me chamou da historia desta Panadería Iglesias -que ten cinco tendas en Aldán, Cangas e Moaña- é algo ao meu ver bastante inusual no sector do pan: unha flota de barcos propia que lle nutre da provisión de peixe preciso. Son o Loira, o Río Caxil e o Punta Vixía, pesqueiros destinados á procura do peixe do Mar do Norte.
Unha opción gastronómica interesante e de prezo razoable para darlle unha sorpresa a un amigo ou amiga con morriña. :-)
















Un detalle pola túa parte que nos mostres o ídem da empanada. A vista convida a darlle unha dentada á pantalla.
Sin desmerecer para nadiña á panadería Iglesias, cando pases por Antas, non te esquezas de avisarme con antelación para que probes as de aquí. Nin o Somoza, Modesto e Manso teñen flota pesqueira para nutrirlos da provisión necesaria de torresmos; pero podo asegurarche que acabarás lambendo os dedos.
Anotado queda. Xa sabes que son superfan da túa terra, pero gustaríame saber máis da gastronomía local, que ando algo coxo. Querer é querer saber!
Ei… moitas grazas. Para os que estamos fora non é sinxelo conseguir empanadas de Calidade se non é no «quiñón» que traemos de cada viaxe. Eille probar os sistema aos de Iglesias a ver que tal. Só un par de coments:
* 8 euros de gastos de envío pareceme unha barbaridade… e que non exista unha sorte de… «Se gastas 30 euros, gastos de envíos de balde»
* Ais o idioma… non lle miro a opción do galego por ningures :(
Pero da gusto ver como pouco a pouco petan na porta!!