Tras o ouro dos mouros: descarga versións portátiles da serie

Xa podes acceder a dúas versións portátiles da serie Tras o ouro dos mouros, para que as leves no teu móbil, á praia ou onde queiras.

Versión en ePUB (para ereaders, teléfonos móbiles, etc.) – 8 mbs [descarga]
Versión en PDF. 8 mbs [descarga]

As dúas versións autoxeneráronse a partir de dúas tecnoloxías de edición para WordPress máis que interesantes: wp2epub e Anthologize. As edicións están bastante a monte pero señores, é verán, estou en vacacións, e teño que rematar outros compromisos antes de desaparecer. En todo caso, este tipo de tecnoloxías son moi interesantes e paga a pena exploralas!

3 Comments

  1. Xerardo
    3 / Agosto/ 2011

    Con certeÇa cando tiña cinco anos miña nai xa me levaba con ela o monte a enseñarme as tomadas da familia, lembrome con cariño como me contaba as historias dos mouros, e nunha tomada ao lado do monte da pena en coiro, decia que habia a cova dos mouros e que ali habia enterrado un grande tesouro, o que si habia cando empezaron coas obras do corredor era un yacemento castrexo na tomada megalitico, pois xa ves que surpresas nos depara a vida, parabens e saudade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará