Nove ataca de novo: a volta á palestra

Last updated on 26 / Xullo/ 2011

Onte ao serán o Grupo Nove presentou na cafetería da Cidade da Cultura a súa nova identidade de marca e os novos membros deste grupo de cociñeiros e restaurantes: Javier Olleros, do Culler de Pau (O Grove) e Alberto González, do Silabario (Tui) e Iñaqui Bretal e Roberto Filgueira, do Eirado da Leña, unha aposta que segundo Miguel González, presidente actual do Grupo Nove, significa “apostar por incorporar ás novas xeracións” de cociñeiros. Os cociñeiros presentes prepararon unha ampla degustación de pratiños: versións en miniatura dos seus restaurantes a un excelente nivel.


Detalle de algúns cociñeiros de Nove caracterizados

A peza que presentaron, Nove ataca de novo, aposta polo humor como sinal de identidade, que é unha característica básica da comunicación do Grupo Nove desde sempre: todos apareceren caracterizados de espías de altos voos, James Bond das potas e das tixolas, empregando como armas os máis diferentes utensilios de cociña. Esta liña desenfadada é o que máis me gusta, de sempre, do estilo do Grupo: a gastronomía é disfrute, antes que nada, e que mellor que rirse dun mesmo? Aquí pódeste descargar o folleto completo en PDF (7 megas).

E velaquí vai o making of da acción:

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará