Unha viaxe a Saturno
Chris Abbas de Digital Kitchen fixo esta impactante película a partir das imaxes que remite a sonda Cassini. Para amar o espazo, exemplificado en Saturno e os seus satélites. (vía)
Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.
Le a historia completa »Chris Abbas de Digital Kitchen fixo esta impactante película a partir das imaxes que remite a sonda Cassini. Para amar o espazo, exemplificado en Saturno e os seus satélites. (vía)
A cuestion da orixe, moi cuestionada por certo, o noso Stanley Kubric, na sua Odisea 2001, mandou unha mensaxe, a miña mais curta e que non sei de onde vimos nin tampouco adonde vamos, o que si e certo e que asi non, o planeta non pode mais, as suas mensaxes veñen con señais de placas,de vulcanoloxia,climatoloxia,atmosfera e campo magnetico terrestre xunto o seu eixo terrestre.
http://www.youtube.com/watch?v=PfQ9QGgptns
Visto o video, deduzo que che pode gostar o segundo capítulo da serie documental da BBC «Wonders of the Solar System», que entre outras cousas descrebe o coñecemento de Saturno e os seus aneis. Os outros 4 episodios da mesma serie tampouco teñen desperdicio. Disponíbel en VO+SUBS nos lugares habituais. TVE emiteu unha versión dublada e capada sen o persoal e interesante discurso do presentador, Brian Cox.
Fichado queda para mañá. :-)