Portugal explicado aos finlandeses
Un interesantísimo uso de infografía interactiva e moi actual. Finlandia puxo problemas ao rescate financeiro de Portugal, e a Geraçao C elaborou un vídeo que anda a correr como a pólvora no que lle explica Portugal aos finlandeses. Aínda que é un pouco longo, é moi interesante ver o final.
















O vídeo está ben, pero inclue mentiras e medio verdades http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Fmrsteed2.blogspot.com%2F2011%2F05%2Fas-estorias-que-andamos-tentar-impigir.html ;)
Desde logo.
Non puiden abrir a ligazón, pero hai cousas bastante rechamantes. Por exemplo, a abolición da escravitude foi cousa do marqués de Pombal no 1761 (non no 51, como aparece no video) Pero foi unha abolición no territorio metropolitano. Nas colonias, habería que esperar á segunda metade do século XIX.
Sobre a pena de morte… sospeito que os Habsburgo de Viena (e Toscana) terían algo que dicir sobre quen foi o pioneiro na súa abolición.
O de que os primados de España foran de Portugal… recoñezo que ignoro a que se refiren. A primatura pasou de Toledo a Compostela, e de aí, volta a Toledo.
Non está mal a idea. Outra cousa é que sirva para que os tomen máis en serio ou non. O da axuda de Salazar á Finlandia en guerra coa URSS non sei se o terán en conta, pero o de Nokia, polo menos, sería digno de reflexión…
Sen dúbida, señores. O vídeo é como moi entusiasta, ouh? Para min sóbranlle dous minutos, pero recoñezo qeu como traballo de comunicación non está mal, sobre todo porque o golpe final do apoio aos finlandeses é soberbio. Seríao moito máis se tivese, como digo, catro minutos.
Sobre o do Primado, refírense máis ben ao anterior Nuncio do Vaticano en España, o señor Manuel Monteiro de Castro (mimá, que posto estou en temas eclesiásticos).
Perdón, a ligazón correcta é esta http://mrsteed2.blogspot.com/2011/05/as-estorias-que-andamos-tentar-impigir.html ;)
A réplica finesa
http://www.youtube.com/watch?v=Zurmn4fcxrk&feature=related
Con moooooooi mala uva. Ademáis o vídeo é cousa dun internauta, non dun ente institucional. É curioso comprobar como funciona unha confrontación entre chuvinismos.
Aínda así, recoñezo que o vídeo ten o seu punto. A relativización que se fai dalgunhas afirmacións do vídeo portugués agradécese. Sexa desde Madrid ou de Lisboa, a matraca de «que importantes somos que temos millóns e millóns de persoas falando a nosa lingua» xa cansa un pouco. A veces un fártase da dictadura das estatísticas, que pretender reducir o mundo e as súas cousas a unha serie de porcentaxes e números para poñer a uns por riba de outros («somos os que temos máis falantes, o estado máis antigo, as nosas fronteiras son as máis vellas» etc, etc)
Era visto o da réplica.
Dígovos unah cousa e sempre a mantiven: o de andar con eses argumentos sempre é un símbolo de febleza, máis que de fortaleza. Nin Francia, nin Inglaterra, nin os Estados Unidos, mesmo nin España adoita precisar de eses momentos de autoafirmación.
Pero iso non quita que o formato é ben interesante. E ás veces hai que dicir tamén esas cousas. Somos tamén o que fumos, aínda que obviamente o máis importante é ser hoxendía.
Para min no video orixinal non sobran minutos. Ten a suficiente forza narrativa para que non decaia, e alén dos contidos e a veracidade dos mesmos, é entretido e, como dicía magago, moi entusiasta. Moito.
Non podo dicir o mesmo da réplica, que seguramente non tería os recursos económicos do primeiro, e parece máis un pase de diapositivas en powerpoint dun alumno de primeiro da ESO.