Publicado o 23 / Abril/ 2011 en: De viños con Wagner, Libros

Libros do día do Libro

Hoxe pasamos polas librarías a celebrar o día do libro e a fundir un pouco de plástico de tarxeta bancaria e levamos unha boa sorpresa. A adega Rosalía de Castro e 30 librarías de Galicia agasallaban aos clientes que mercaban máis de 25 euros en libros cunha botelliña do seu albariño Rosalía de Castro -que é o máis tradicional da súa gama, esta xente é a que fai tamén o Paco&Lola-. Paréceme unha iniciativa fantástica: unir viños e libros son dous praceres que deben por forza ir xuntos. :-)