O espectacular mundo da simulación de fluidos

Dentro dos procesos de innovación en animación 3D un dos aspectos que me parecen máis fascinantes é o desenvolvemento de elementos ‘autónomos’ que se desenvolvan por si mesmos nun contexto determinado, aplicando as leis da física. É o caso da simulación de fluidos, sempre tan complexa de realizar. Este exemplo dun barco viquingo naufragado fronte a uns cantís é interesantísimo. Está feito con Naiad, de Exotic Matter. (vía). Por certo, hai que ter conta que o vídeo quere demostrar a dinámica dos fluidos nun espazo concreto: por suposto que o cantil podería ser mellor, ou o barco moverse doutro xeito.

2 Comments

  1. Miguel Losada
    30 / Xaneiro/ 2011

    Pois eu, inda que non teño o ollo afeito a mira-lo mar por terme criado no alto dunha serra do interior, penso que estando feita de maravilla a auga, o barco móvese con moito xeito. O cantil unha chisca solarizado mais non hai caso,ou?

    As recreacións terían que ser unha ferramenta científica e divulgativa de primeira liña, tese, nun contexto de “tese, antitese, síntese.”

  2. 31 / Xaneiro/ 2011

    Efectivamente, hai que ter en conta que é unha demo do simulador de fluídos e, polo tanto, o resto dos obxectos están un pouco para acompañar.

    Supoño que en 4-5 anos o software de deseño 3D incorporará por defecto ferramentas moi potentes de xestión do mundo físico: luz, climatoloxía, vento, auga case por defecto, lixeiras e tan sinxelas como o manexo de filtros. Xa existen cousas, pero penso nalgo moito máis sinxelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará