Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Cociña mexicana [vídeo]

27 / Xaneiro/ 2011 5 comentarios

Amantes da gastronomía e cociñeiros. É imposible non emocionarse vendo esta homenaxe tan excepcional a uns traballadores de excepción: os cociñeiros mexicanos. Algo deben ter cando tantas e tan fermosas cousas se fan ao redor destes güeis. Lembro moitos agradecementos expresos de Anthony Bourdain, en varios dos seus libros, tamén ao tesón e a seriedade destes homes anónimos, encerrados durante horas e días en cociñas minúsculas, preparando con seriedade platos para clientes que nunca verán nin llo agradecerán. Grazas, Sole!

5 comentarios »

  • enrique castillo di:

    de una factura tecnica envidiable,la mejor forma de vender la cocina de un pais,sin caer en el folclore.

  • [...] This post was mentioned on Twitter by magago and GzFrancisco, CulturaSushi. CulturaSushi said: Impecable homenaje a la cocina y en especial a la mejicana http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/01/27/cocina-mexicana-video/ [...]

  • xmanoel di:

    Bueno eu entendín esta historia de maneira ben diferente de Enrique Castillo. Este video me parece moi irónico.

    Vou a explicar unha pequena experiencia personal. Cando vivín en Chicago, decateime dunha cousa curiosa (que non sei se se produce en máis cidades americanas). Cando estabas nun restaurante Tailandés no Loop e estabas cerca da cociña, escoitabas dentro da cociña falar castelán con acento mexicano. Cando ías a un restaurante italiano tamén escoitabas na cociña falar castelán con acento mexicano. Podo repetir esta historia para mil e un casos … (cociña cajoon, cociña grega, cociña mexicana (por suposto)).

    Canda menos en Chicago as cociñas de moitos restaurantes non mexicanos traballaban moitos mexicanos.

    Eu coido que o video vai de este tema: amosanos o traballo destes cociñeiros en mil tipos de restuarantes (nos USA, visto que os carteles dos sitios están en inglés) e contrapono cunha voz en off que fala de cociña mexicana.

    Eu entendoo así e gosto moito de esto. De feito vouno reproducir no Blog.

  • magago di:

    Exactamente. O vídeo é ironía pura, un reflexo moi elegante da emigración mexicana en Norteamericana e a súa presenza no sector da restauración. Toda a restauración, mesmo a alta restauración, de cidades como Nova York está soportada por traballadores mexicanos.

  • Pancho-lapatianco di:

    Hai 20 anos ¡como pasa o tempo!, estando en Dublín, coñecín a un catalán que se adicaba á restauración nos trens da Renfe, e contoume unha anecdota que lle acontecera en Londres pouco tempo antes.

    Entrou nun restaurante da «City» que se autoproclamaba «español» e pediu unha tortilla de patacas, supoño que por aquelo da morriña gustativa. Según contou, pareceu que non lle entendían ben, así que volveu repetir a comanda. O que lle serviron foi ¡¡unha tortilla francesa con patacas fritidas ó lado!!. Coido que ó final meteuse na cociña, non había ningún español (neste caso coido que eran todos indios ou pakistaníes) e lles aprendeu como facela.

    Así mo contaron, e así o repito.

    Saúdos.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.